Sauron: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Eliminación de exceso de ligazóns internas
Xosé (conversa | contribucións)
Algunha cursiva e negra. Hai demasiadas maiúsculas
Liña 1:
[[Imaxe:Sauron replica.jpg|thumb|200|Sauron nos filmes de Peter Jackson]]Na [[Terra Media]], o universo de ficción de [[Tolkien]], '''Sauron''' é un [[Maiar|Maia]] antagónico dos [[Elfoelfo]]s, [[Home (Terra Media)|Homeshomes]] e tódolos pobos libres da [[Terra Media]]. Fai a súa primeira aparición no principio dos días, moito antes da [[Primeira Idade]] e é finalmente derrotado o 25 de marzal de 3019 da [[Terceira Idade (Tolkien)|TI]].
Sauron é o personaxe que dá nome á triloxía d'''[[O Señor dos Aneis]]'' por ser o Creador e Señor do [[Anel Único]].
 
Este espírito perverso representa gran maldade para os pobos da [[Terra Media]] e débeno vencer finalmente n'[[O Señor dos Aneis]], historia situada cronoloxicamente despois d'''[[O Hobbit]]''. En ambos os libros a figura de Sauron está presente, en maior ou menor medida. AsimesmoAsí mesmo, boa parte da trama d'''[[O Silmarillion]]'' enrédase con Sauron.
 
==Nomes de Sauron==
Liña 11:
 
==Historia de Sauron==
'''Sauron''' permaneceu na [[Terra Media]] durante máis de 16.000 anos, moito máis que tódolos seus principais inimigos, excepto quizais [[Círdan]] o Construtor de Barcos.
 
Como antes se menciona, '''Sauron''' é un [[Ainur|Ainu]], un dos Maiar, contado entre o séquito de Aulë, o ferreiro, polo que tiña altos coñecementos neste campo. Pero Sauron tamén tiña moitos outros poderes: o poder de cambiar a súa forma á que quixera, poder que utilizou para enganar ós [[Noldor]] máis dunha vez, e ós homes de [[Númenor]]. Tamén podía manexar os espíritos menores e invocalos (de aí talvez o nome de ''Nigromante'' ou ''Feiticeiro''), e tamén podía chamar espíritos malignos e metelos dentro de criaturas monstruosas (de onde saca o nome de ''Señor dos Licántropos''; el mesmo transformouse unha vez nun lobo terrible). Tamén podía crear ilusións nas persoas de mente débil, entre moitos outros poderes.
 
Desde que é corrompido, '''Sauron''' convértese no máis temido dos servidores de Morgoth, e dise que é posible que Sauron fora dos máis poderosos entre os Maiar. Sábese porén polos escritos do autor que Sauron temía profundamente a [[Melian]] a Maia, esposa de Thingol, e nunca se atreveu a desafiala.
 
===Sauron antes e durante a Primera Idade===
Durante a [[Primeira Idade]] '''Sauron''' serviu a [[Morgoth]] como o seu lugartenente. Durante os [[Anos das Lámpadas]], mentres Melkor residía en [[Utumno]], Sauron fíxose cargo da recentemente construída [[Angband]]. Trala [[Guerra dos Poderes]] e a destrución de Utumno, Sauron escondeuse e os Valar non puideron atopalo. Tralo retorno de Morgoth, púxose novamente ás súas ordes. Coñecido polos elfos como [[Gorthaur]] o Cruel, era un mestre das ilusións e a metamorfose. Tiña como serventes ós homes-lobo e outros demos, pantasmas e formas horripilantes, e durante este periodo conquistou a illa élfica de [[Tol Sirion]], chamada desde entón ''Tol-in-Gaurhoth'', a Illa dos Licántropos. Dominouna baixo un feitizo de medo que fixo fuxir ós Noldor.
 
'''Sauron''' é o máis letal dos serventes de [[Morgoth]] na Primeira Idade e comanda un exército propio. O personaxe antagónico a Sauron na PI é [[Melian]] a Maia, esposa de [[Thingol]], e é preto dela que Sauron participa na maior parte da Historia. Sauron está estreitamente envolto na historia de [[Beren]] e [[Lúthien]] e na liberación do [[Silmaril]]. Desde a torre de [[Tol-in-Gaurhoth]] (Minas Tirith de [[Finrod]] rebautizada "Illa dos Licántropos") sae un poder maligno que sempre se enreda co poder da [[Cintura de Melian]]. Entre outras batallas importantes, [[Finrod Felagund]] faille fronte a Sauron cara a cara, pero cae baixo os enganos deste espírito, máis poderoso ca el.
 
Sauron sofre a primeira das súas grandes derrotas na Primeira Idade cando [[Lúthien]] chega a rescatar a [[Beren]], preso nos calabozos da Torre de Sauron; ela lanza un canto de encantamento e está acompañada por [[Huan]], o can de [[Valinor]]; ambos enfróntanse a Sauron, que é inmobilizado polos poderes da filla de Melian, e é atacado por Huan. Sauron foxe da Torre á Fraga de [[Taur-Nu-Fuin]], onde se lle menciona por última vez dentro da historia dos Silmarils.
Liña 26:
===Sauron na Segunda Idade===
{{Ver artigo principal|Eregion, Celebrimbor e os Aneis do Poder}}
Trala caída definitiva de [[Morgoth]] na [[Guerra da Cólera]], e logo de ver o poderío dos Señores do Occidente, '''Sauron''' amedrentouse e pediu perdón e clemencia. [[Eönwë]], o Heraldo de [[Manwë]], cominouno a ir a [[Valinor]] para ser xulgado, pero Sauron non desexou recibir condena algunha, pois tivera moito poder baixo Morgoth, e o mal estaba demasiado presente nel. Foi así que permaneceu na Terra Media durante as idades sucesivas, levantándose como novo Señor Escuro.
 
Ó inicio da [[Segunda Idade]] concéntrase no engano e a persuasión antes de despregar as súas forzas, de maneira que usou unha nova identidade facéndose chamar ''[[Annatar]]'' o "Señor dos Dons", presentándose cunha fermosa forma e dicindo ser enviado polos [[Valar]] para axudar ós [[Noldor]] nas súas tarefas para embelecer a [[Terra Media]] durante a Segunda Idade. '''Sauron''' no personaxe de Annatar é expulsado de [[Lindon]], a Terra de [[Gil-Galad]], posto que tanto o primeiro como [[Galadriel]] e [[Elrond]] desconfiaban deste novo personaxe. Pero foi ben recibido por [[Celebrimbor]] en [[Ost-in-Edhil]], a principal cidade de [[Eregion]], onde persuadiu ós Elfos para que forxasen os [[Aneis de poder]]. Porén o [[Anel Único]] foi forxado só por el nos fogos do [[Orodruin|Monte do Destino]], feito para dominar a tódalas razas da [[Terra Media]]. Sobre a sorte dese Anel e as guerras que por el se libraron trata ''[[O Señor dos Aneis]]''.
 
A Segunda Idade é chamada '"os Anos Escuros'", xa que, agás as protexidas [[Lindon]] e [[Imladris]], '''Sauron''' estende a escuridade, dominando ós Homes menores da Terra Media, quen, temerosamente, o veneraban como un deus. Cando [[Celebrimbor]] descobre o engano de Sauron e oculta os tres aneis élficos, o Maia enfurécese e pretende facer pagar ós elfos o que el consideraba unha traizón, e invade [[Eriador]] e asola todo o que se atopa ó seu paso. Destrúe Eregion por completo e toda Eriador cae baixo o seu poder. Ata a embestida dos Elfos no norte e os numenorianos no sur: esta é a segunda gran derrota de Sauron. Ó ser derrotado, Sauron foxe ó leste, onde se refuxia e intenta recuperar o seu poder.
 
A finais da Segunda Idade '''Sauron''' é o señor máis poderoso da [[Terra Media]]. Isto esperta a ira e a envexa de Ar-Phârazon, o último rei de Númenor, quen vai ás Beiras de [[Umbar]] (dominio numenoriano), cun poderoso exército e esixe a Sauron a súa rendición, so pena de destruílo. O Señor Escuro acepta renderse e vai como prisioneiro a Númenor, non porque realmente eles puideran atar a Sauron, que posuía o Anel Único, senón porque os seus desexos eran infiltrarse en Númenor e persuadir ó rei [[Ar-Phârazon]] de venerar a escuridade, desexar a vida eterna, rexeitar ós Elfos e ós Valar e pechar as chegadas a porto dos Elfos da Illa Solitaria.
 
Persuádeo para atacar [[Valinor]] e rebelarse contra os [[Valar]]. O rei atende estes consellos e forma unha grande armada (a máis grande de toda a historia da Terra Media) e diríxese a [[Tol Eressëa]] co fin de invadir Valinor. A ira dos Valar esperta e solicitan a [[Ilúvatar]] que free as ambicións dos [[numenorianos]], levantando este unha grande onda que provoca a destrución e o afundimento da illa de Númenor, da que se salva o seu xa declarado inimigo: [[Elendil]].
Liña 41:
 
===Sauron na Terceira Idade===
'''Sauron''' estaba desprovisto de gran parte do seu poder trala perda do Anel, polo que actuou con cautela. Reaparece no oeste da Terra Media aproximadamente no ano 1000, cando se escondeu en [[Dol Guldur]], nun outeiro no sur do Gran Bosque Verde (chamado en adiante [[Bosque Escuro]]), onde foi coñecido como "o Nigromante" (tal e como se narra n'[[O Hobbit]]).
 
Posteriormente o [[Consello Branco]] (logo de coñecer a verdadeira identidade do Nigromante) loitou por expulsalo do Bosque Escuro (baixo o mando e as estratexias de [[Saruman]], nese entón líder do Consello), e, tras aparentemente conseguilo, '''Sauron''' regresou a [[Mordor]] (facendo pensar ó Consello que triunfaran), onde reconstruíu [[Barad-dûr]] e conxurou arredor de si un inmenso exército de homes do Sur, orcos e outras criaturas malvadas. En realidade a estratexia do Consello non tivo éxito, pois desta forma Sauron consumou o seu plan de regresar a Mordor, onde as súas forzas xa se estaban preparando, e en [[Minas Morgul]] os [[Nazgûl]] xa se reuniran outra vez.
 
O fin último de '''Sauron''' estaba case consumado: tería o poder dos Noldor, o que máis desexou durante toda a súa existencia. Xa que estes usaran os Aneis do Poder, atados ó seu, só tiña que atopar o Anel Dominante e os Elfos caerían baixo o seu poder.
 
As forzas de '''Sauron''' foron derrotadas na [[Batalla dos Campos do Pelennor]], pero o exército do Oeste non podía derrotalo definitivamente se o Portador do Anel non consumaba a súa misión.
 
Foi finalmente derrotado cando [[Gollum]] caeu co Anel Único ás lavas do [[Orodruin|Monte do Destino]], destruíndo desta forma o principal depósito do poder maligno de Sauron. Así, dise que Sauron convértese en algo menos que un leve vento maligno, e o seu poder desfaise e esfúmase de tódalas esquinas do mundo. Seica Sauron volverá ó final dos tempos na [[Dagor Dagorath]], pelexando xunto a [[Morgoth]] e sen necesidade de recorrer ó [[Anel Único]]. Nesa batalla Sauron encontrará a fin, igual que o seu mestre.
 
==A trascendencia do mal de Sauron==
'''Sauron''' é derrotado en 3019 da Terceira Idade, sen presentar batalla ós seus principais e máis odiados inimigos: [[Círdan]], [[Galadriel]] e [[Elrond]], pero a destrución do Anel Dominante sela da mesma forma a fin da historia dos Altos Elfos na [[Terra Media]]; os señores elfos usaran nos seus reinos o poder dos Tres, preservando intacto todo o que arredor deles se encontraba, por isto os seus reinos eran os máis fermosos da terra, e tamén os máis fortes, pero os Tres non estaban libres do Único, e só a presenza do Único no mundo mantiña o poder latente nos Tres.
 
Unha vez destruído o Único, os Tres perderían todo o seu poder, máis tarde que cedo, causando que todo aquilo feito con eles se murchara e se perdera nas páxinas do esquecemento.