Oromë: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Durante os [[Anos das Árbores]], cando a maioría dos Valar marcharon da Terra Media para se ocultar en [[Aman]], Oromë seguiu a cazar de cando en vez nas fragas da Terra Media. Así, atopou os [[Elfo]]s logo de estes espertaren en Cuiviénen (aínda que [[Melkor]], o Vala maligno, descubríraos antes ca el), e foi o primeiro en darlles o nome de [[Eldar]]. Foi tamén quen levou consigo a tres deles para [[Valinor]]. Sendo un poderoso cazador, desempeñou un papel activo nas loitas contra Melkor.
 
Posuía un grande corno (o ''Valaróma'') e un grande cabalo (''Nahar'' ou ''Nækhærra'')<ref>J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0048231398, "Valaquenta", páx. 31-32</ref>. Era célebre pola súa carraxe, a máis terríbel entre os Valar. Oromë é un dos Aratar, Os Altos de Arda, os oito Valar máis poderosos, o que significa que o seu poder é moito maior ca o doutros espíritos anxelicais como os [[Maiar]], e mesmo ca o da súa esposa e o da súa irmá.
 
==Referencias==
<references/>
 
{{ainur}}