Aulë: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Manudosde (conversa | contribucións)
Liña 11:
Desesperado por ter discípulos aos que poder transmitir os seus coñecementos, e negándose a agardar até a aparición dos [[Fillos de Ilúvatar]], Aulë creou a súa propia raza de seres, os [[Anano (Terra Media)|Ananos]]. Porén, non tiña unha idea clara do aspecto que terían os Fillos de Ilúvatar, e por mor do caos que provocara Melkor, Aulë fixo aos Ananos fortes, inquebrantábeis e non dispostos a ser dominados por outros, alén de plasmar neles algúns dos seus valores e desexos para a Terra Media. Con todo, Aulë non tiña o poder de outorgar vida independente ás súas creacións: só estaban animadas cando tiña o seu pensamento posto nelas.
 
Cando a súa obra estivo completa, Aulë comezou a ensinarlles aos Ananos a lingua que elaborara para eles, o [[Khuzdul]]. Entón Ilúvatar faloulle e preguntoulle por que tentaba sobrepasar os límites do seu poder e autoridade creando nova vida<ref>J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0048231398, "Quenta Silmarillion", páx. 48</ref>. Aulë arrepentiuse, respondendo que o impulso da creación espertara nel por obra de Ilúvatar, e que o único que desexaba eran outros seres aos que amar e instruír, cos cales puidese compartir a beleza do mundo. Admitiu que a súa impaciencia o empurrara á insensatez e someteu as súas creacións a Ilúvatar. Dando por feito que serían destruídas, dispúxose a esmagar os sete [[Pais dos Ananos]] cun grande martelo, chorando mentres o facía. Pero cando os Ananos xa se encollían temendo o golpe, Ilúvatar detivo a man de Aulë e fíxolle ver que aceptara a súa ofrenda dotando aos Ananos de espíritos de seu, posto que doutro xeito non poderían ter sentido medo.
 
Ilúvatar aceptounos como fillos adoptivos, mais como estebelecera que a raza primoxénita serían os Elfos, sumiu os Ananos nun letargo até o [[Espertar dos Elfos]]. Tamén lle dixo a Aulë que aínda que tanto Elfos como Ananos eran fillos seus, a creación destes últimos non estivera incluída no alcance da Música dos Ainur, e que a miúdo xurdirían conflitos entre as dúas razas, a medida que se desenvolvesen os acontecementos do mundo.