Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
Nantes e as ordes
Nova sección: →‎saüdiños
Liña 245:
==Nantes e as ordes ==
Ola XabierCid ! Andamos os dous con o artigo [[Nantes]]. Agradezcoche os arranxos de galego que fixeches. Xa ves ben que non podo editar a apuradas ! Falando mal non podo editar nos artigos pero converso. Puxen datos na paxina do usuario AUBRANT e na paxina de discusion. Polo momento ando moito de presa pa redactar. Teño pendento a nosa tarefa das ordes arquitectonicas. Perdo mais tempo pa axeitar o que digo en galego que pa concebir os artigos e buscar datos. Resumir os datos en galego resulta mui costoso, e moito mais facil traducir doutra lengua. Por eso cando teña un pouco mais de tempo vou cambiar de metodo traducindo das wikis es e fr, tanto no remate dos tres artigos que estan en uso, que nos tres que quedan por fager. Saudos XabierCid [[User:Elvire|Elvira]]<sup>[[User talk:Elvire|Conversa con mi]]</sup> 22:24, 15 febreiro 2008 (UTC)
 
== saüdiños ==
 
Ola Xabier. Acabo de ver a túa mensaxe e quedei un pouco sorprendido, pois tes razón en que ata agora levábamonos ben, e gostaríame que sigamos igual; outra cousa é que foramos a deixar de lado os nosos principios de cara a levarnos ben, isto ningún de nós o fará e creo que, respectar iso, permitiranos manter a boa relación.
 
Sinto que vexas a miña páxina de usuario como crispante: entendo que as opinións que reflexa poideran parecerche controversas, de feito aparteinas das páxinas polémicas (como [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios|aquí]] e [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións|aquí]]) e así foron parar á páxina personal.
A crispación creo que é debida non á tímida valoración que fago dos feitos senón máis ben aos feitos en si mesmos
O feito de [[Wikipedia:Votacións/Normas antimonicreques|riscares]] o voto dunha usuaria coa acusación de ser monicreque, e de pechares a continuación a votación, sin opción a que opinar no mesmo sitio onde ti o facías, esas accións descolocáronme a opinión que tiña dalgúns e incluso do futuro deste proxecto. Sendo ademais unha decisión unilateral, sin consulta á comunidade, produciume unha inmensa desazón. A iso sumouse o feito de que o mesmo usuario actuaba como xuíz e parte, o mesmo que fixera unha proposta era quen tomaba tal medida grave contra un dos que discordaron. Esta foi a visión que tiven dos feitos e o que me levou a protestar timidamente por primeira e, talvez, última vez.
 
Finalmente agradecerche o ton en que me expós as reflexións (distinto do doutro usuario), nun contexto de confianza de compañeiros de galipedia e, da mesma forma, permítome tamén deixar unha reflexión personal no sentido de que deberíamos procurar que as accións que tomemos, ademais de que deban ser honestas, deban de parecelo, estremando as precaucións no caso de seren accións administrativas con implicacións tan importantes para os usuarios (persoas) e para a boa marcha da Galipedia. Prégoche que consideres prudentemente a miña reflexión, no contexto de confianza devandita. Un saúdo cordial.--[[Usuario:Quatrinauta|QuatriNauta]] 10:43, 16 febreiro 2008 (UTC)