Federación de Traballadores da Rexión Española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Iniciais dos modelos en maíusculas
Prevert (conversa | contribucións)
m corrixo ligazóns de homónimos
Liña 13:
 
== O Terceiro Congreso da FTRE ==
Do 4 ó 8 de outubro de 1883 celebrouse en [[Valencia - València|Valencia]] o terceiro congreso, cunha asistencia de 121 delegados de 88 federacións locais e 62 seccións de oficios. Daquela a FTRE compúñase de 14 federacións comarcais, 218 federacións locais e 550 seccións. Neste congreso houbo un enfrontamento entre os partidarios de manter a Federación dentro da legalidade e os que pensaban que coa legalidade a man o goberno os presionaba e torturaba. Estes últimos, encabezados por [[Francisco Gajo]], [[Manuel Pedrote]] e [[Miquel Rubio]], organizaron unhas xornadas paralelas constituíndo ''[[Los Desheredados]]. Organización revolucionaria anarquista'', razón pola que foron expulsados da FTRE.<br>Tamén se decidiu que a Comisión Federal radicase en [[Valladolid]], elexíndose como Secretario a [[Indalecio Cuadrado]].
 
En setembro de 1884 celebrouse en [[Barcelona]] un congreso extraordinario, coa asistencia de 64 delegados, que decidiron que a FTRE pasara á clandestinidade e que as seccións e federacións se comunicasen entre elas do xeito que considerasen oportuno. Isto non foi aceptado polos dirixentes catalanes que continuaban defendendo o [[anarcosindicalismo]] pola vía legal. A través da [[Revista Social]] iniciaron unha campaña buscando adhesións, e convocaron un congreso en [[Madrid]] para maio de 1885, onde estarían representadas 17 federacións locais, sen que se conseguise aceptar o desmembramento da Federación, que aínda celebraría un novo congreso en Barcelona en xullo de 1885, que tampouco serviría para acercar posicións.
 
En maio de 1887 celebrouse un novo congreso en Madrid ó que só asisten 16 delegados. A nova Comisión Federal se establece en Barcelona e caminaba cara á súa disolución, que tería lugar en Barcelona nun derradeiro congreso en maio de 1888. O sector máis sindicalista intenta crear unha nova organización, a [[Federación Española de Resistencia ó Capital]] (FERC). A sección anarquista da FTRE organiza en [[Valencia - València|Valencia]] en outubro de 1888, a [[Organización Anarquista da Rexión Española]] (OARE) onde se certifica a disolución efectiva da FTRE
 
==Véxase tamén==