Miro Casabella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Prevert (conversa | contribucións)
m corrixo ligazóns de homónimos
Liña 5:
No ano [[1970]] participa no I [[Festival da Canción Ibérica]], xunto con [[Paco Ibáñez]], [[Luis Cília]], [[Xabier Ribalta]], e [[José Afonso]]. Tamén nese mesmo ano toca en [[París]] na Festa da Humanité, a festa do [[Partido Comunista de Francia]], onde actuarán tamén figuras como [[Georges Moustaki]], [[Paco Ibáñez]] ou [[Joan Baez]].
 
A finais do ano 1974 o grupo [[Voces Ceibes]] decide finalizar o seu proxecto e dar comezo ao [[Movemento Popular da Canción Galega]] onde, cunha perspectiva ampla, teñen cabida múltiples artistas de distintos estilos. Miro participa do novo colectivo e actúa no seu único concerto, o [[2 de marzo]] de [[1975]] que consegue reunir a máis de 5000 persoas no Pavillón do Obradoiro, en [[Santiago de Compostela|Compostela]].
 
Nos anos seguintes, Miro participará en multitude de concertos e festivais, na Galiza e en todo o [[España|Estado español]], unha actividade que aumentará a partir de [[1976]] coa desaparición da censura [[franquismo|franquista]] que propiciará tamén a aparición dos seus primeiros traballos longos.