Valinor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Manudosde (conversa | contribucións)
Liña 9:
No leste de Valinor erguíanse outrora as [[As Dúas Árbores de Valinor|Dúas Árbores de Valinor]], Telperion e Laurelin, ante as portas da capital do reino, Valimar, lugar de reunión dos Valar e morada dos espíritos Maiar e dos Elfos [[Vanyar]]. Máis cara ao leste está o Calacirya, o único paso practicábel a través das [[Pelóri]], unha inmensa cordilleira montañosa que rodea a Valinor por tres dos seus lados, creada para impedirlle a entrada a [[Morgoth]], o Vala maligno. No paso áchase [[Tirion]] a cidade dos Elfos [[Noldor]], construída sobre un outeiro. Á beira do mar e ao nordés de Tirion, sitúase [[Alqualondë]], o porto dos Elfos [[Teleri]]. No estremo nororiental, alén das Pelóri, estivo unha vez o [[Helcaraxë]], unha vasta capa de xeo que unía os continentes de Aman e a Terra Media antes de que Valinor fose alzado até os ceos para impedir que ninguén viaxase alí, após a Caída de [[Númenor]]. Amais, durante un tempo antes da ruína de Númenor, unha longa cadea de illas, chamadas as [[Illas Encantadas]], percorría a costa leste do continente; foran erguidas para que ninguén, xa for mortal ou inmortal, chegase a Valinor por mar.
 
Logo da destrución de [[Númenor]], as [[Terras Imperecedoiras]] foron extraídas de [[Arda]] para que os [[Home (Terra Media)|Homes]] no puidesen atinxilas, e só os Elfos puidesen chegar a elas a través do [[Camiño Recto]], en barcos capaces de saír das Esferas da terra. Co permiso especial dos Valar, os [[Hobbit]]s [[Frodo Bulseiro]] e [[Bilbo Bulseiro]] puideron tamén marchar a Valinor. Disque ao [[hobbit]] [[Samsagaz Gamllí]] e a [[Gimli]] o [[Ananos|Anano]] tamén se lles permitiu ir.
 
==Historia==