Anos das Árbores: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 3:
No [[legendarium]] de [[J.R.R. Tolkien]], os '''Anos das Árbores''' son o segundo dos tres grandes periodos de [[Arda]], o mundo no que se desenvolven a maioría dos acontecementos narrados na súa mitoloxía. Suceden aos [[Anos das Lámpadas]] e anteceden aos [[Anos do Sol]], e comprenden varias idades, incluído o comezo da [[Primeira Idade]].
Pouco despois da destrución das [[Anos das Lámpadas|Dúas Lámpadas]] e do reino de [[Almaren]], os [[Valar]] abandonaron a [[Terra Media]] e trasladáronse ao continente de [[Aman]], onde fundaron o seu Segundo Reino, [[Valinor]]. [[Yavanna]] creou as alí as [[As Dúas Árbores de Valinor|Dúas Árbores]], chamadas ''Telperion'' (a árbore de prata) e ''Laurelin'' (a árbore de ouro), que iluminaban Aman, deixando a Terra Media na escuridade.
Os Anos das Árbores divídense en dúas épocas en Valinor. As primeiras dez idades, coñecidas como os ''Anos da Dita'', estiveron caracterizadas pola paz e a prosperidade en Valinor. Nesta época foron concibidos os [[Ent]]s, as [[Aguia (Terra Media)|Aguias]] e os [[Anano (Terra Media)|Ananos]], por parte de Yavanna, [[Manwë]] e [[Aulë]] respectivamente, aínda que foron sumidos nun letargo até o [[Espertar dos Elfos]].
|