José Monzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 5:
 
==Carreira sindical==
En novembro do [[1930]] fundou o [[Centro Cultural Obrero]], inserido na [[CNT]] e que daría lugar un ano máis tarde ao [[Sindicato de Oficios Varios de Sada]], inserido na [[CNT]], do que sería presidente. Coa proclamación da República, en [[1931]], crea o [[Grupo Anarquista Luz]], que se adheriría á [[Federación Anarquista Ibérica]], sendo substituído no [[1935]] polo grupo [[Grupo Anarquista Nueva Vida|Nueva Vida]], tamén integrado na [[FAI]]. De feito José Monzo pertenceu á sección radical do movemento libertario. Constancia diso deixóunola ao participar no congreso de sindicatos do [[12 de febreiro]] do [[1933]] en [[Santiago de Compostela]], que daría lugar á saída da Confederación Regional Galaica dos militantes moderados, entre eles o dirixente [[José Villaverde]], sendo el un dos asinantes do manifesto no que se propuñan as bases para o desenrolo do anarquismo galego segundo os preceptos faístas.
 
Dedicouse tamén á [[oratoria]], destacando, aparte dos mitins que pronunciou en Sada, aquel que, xunto a outros representantes do movemento libertario galego, ofrecera na praza de touros da [[A Coruña|Coruña]] co gallo das primeiras sospeitas do alzamento.