José Monzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 11:
==A Guerra Civil e a represión==
No comezo da guerra, José Monzo e [[Juan Antonio Suárez PicallPicallo]] organizarán, xunto a [[José Púbul]], o alcalde [[Antonio Fernández Pita]] e o ex alcalde e galeguista [[Justo Rodríguez Pérez|Justo Rodríguez]], a resistencia contra as tropas franquistas. Mais pouco tardaría en caer a vila de Sada, o [[23 de xullo]], baixo a columna dirixidas por Oliete.
 
Tomada a vila polo exército nacional José Monzo agóchase na súa propria casa, pero coa chegada da policía Monzo saíu polo patio traseiro e logrou entrar na casa dunha tía súa, vestíndose con roupas de muller e apañando unha sella. Pasou ante os gardas así disfrazado e comezou o tempo de fuxida. O seguinte lugar que escolle para se agochar é o faiado da casa dunha señora de boa posición e libre de sospeitas, amiga da familia. Mais ten que, finalmente, deixar [[Sada]]. Marcha entón para [[Miño]], agochándose na casa dunha vendedora de peixe, asidua compradora do que a familia extraía do mar. Finalmente o seu pai, Manuel Monzo, acaba por levalo a dous illotes, primeiro ao [[Illote Cabrón|Cabrón]], fronte á [[praia de Perbes]] e despois ao de Cabroeira ou Carboeira, en [[Pontedeume]]. Cada certo tempo achégalle na lancha a comida necesaria para vivir, mais, como é lóxico, acaba por enfermar e regresa á vila natal. Logo de entrar na súa casa por derradeira vez, aparece o seu cadáver nas inmediacións das escolas de Sada, na estrada de Fontán, o Día do Carme do ano [[1938]], sendo soterrado no Fiunchedo, onde repousan os seus restos.