Samoedo, Sada, Sada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: Samoedo é un val que constitúe o terceiro maior núcleo poboacional da parroquia de Santa María de Sada, no concello homónimo. Componse de varios lugares de distinta...
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
Samoedo é un val que constitúe o terceiro maior núcleo poboacional da parroquia de [[Sada, Sada|Santa María de Sada]], no concello homónimo. Componse de varios lugares de distinta denominación: Agra de Samoedo, As Lixelas, Samoedo, As Corredoiras, Os Carbosos, Cambade, Monte do Sabio, etc. Limita coa vila de [[Sada]] e [[O Tarabelo]] dentro da propia parroquia; con [[Seixeda]] e [[O Castro de Samoedo]], en [[Osedo, Sada|San Xián de Osedo]]; e con [[Lubre]] e [[Ouces]], no concello de [[Bergondo]].
 
Destacou tradicionalmente pola súa producción vitícola, presumiblemente ligada ao mosteiro de Sobrado, se ben hoxe esta decreceu case ata a desaparición do sector. Nembargantes, non deixa de ser unha área eminentemente agraria, se ben tamén residencial.