Diferenzas entre revisións de «Tulkas»

sen resumo de edición
A Tulkas descríbeselle como un home de cabelo e barba dourados e cute rubio, que non precisa de cabalo, xa que é incansábel e ningunha outra cousa pode igualar a súa velocidade<ref>O Silmarillion: [[Valaquenta]]</ref>. Non lle interesan nin o futuro nin o pasado, e é o máis guerreiro dos Valar. Foi o último deles en descender a Arda para axudar aos demais na guerra que estaban a librar contra [[Melkor]], o Vala maligno. Melkor fuxiu ante a súa chegada, co que comezou a [[Primavera de Arda]].
 
Logo da creación das [[AsAnos Dúasdas Lámpadas|Dúas Lámpadas]] e de que os Valar estabelecesen a súa primeira morada en [[Almaren]], Tulkas casou con [[Nessa]] durante un grande banquete disposto por [[Manwë]]. Despois adormeceu, momento que aproveitou Melkor para entrar na [[Terra Media]] sen ser visto<ref>O Silmarillion: Valaquenta, [[Quenta Silmarillion]]</ref>.
 
De Tulkas dise que goza coa loita, usando só as súas mans como armas, e cos concursos de forza; que tarda en anoxarse mais que tamén tarda en perdoar; por iso foi un dos Valar que se opuxo á liberación de Melkor do seu presidio logo de este tentar conquistar o mundo. Dise tamén que aínda que non resulta útil como conselleiro, é un amigo rexo.
3.209

edicións