Igrexa Evanxélica de Marín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 28:
A congregación é un referente cultural na comarca pola promoción de actividades sociais, culturais e artísticas.
 
Desde os seus comezos foi moi importante a súa obra social e na actualidade auspicia a ONGD ''AMOR EN ACCIONACCIÓN (AMENAC)'', que desenvolve a súa laboura en [[España]] e en países como [[Ghana]], [[Arxentina]] e [[Colombia]], traballando solidariamente con outras entidades que buscan unha mellora na calidade de vida das persoas. É importante a laboura con inmigrantes desenvolvendo programas e talleres interculturais e de integración.
 
Ao mesmo tempo o seu interese no desenvolvemento integral dos nenos, adolescentes e mozos levárona a impulsar a asociación xuvenil ''Xóvenes Pioneiros''. A Igrexa Evanxélica de Marín leva a cabo una laboura cultural intensa a través da ''Asociación Socio Cultural Evanxélica de lecer e Tempo libre KALOS'' por medio de concertos do ''coro [[Gospel]] DOXA'', ou do ''Coro Evanxélico'' cunha traxectoria de 36 anos de actividade; o grupo de [[teatro]] ''VERBAS'' e as actividades de campamento ao aire libre. Outras actividades dignas de mención son a escola bíblica do Nadal, ciclos de conferencias, xornadas de cine e videoforum, participación en feiras de libros ou a edición de libros como "[[En los campos de Galicia]]" (biografía de [[Enrique Turrall]] e a súa esposa Adelaida), ou a edición en español de "[[Galicia Noroeste de España en 1920]]".