SeaQuest DSV: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: '''seaQuest DSV''' foi unha serie televisiva de ciencia ficción creada por Rockne S. O'Bannon. Foi emitidia orixinalmente pola NBC entre 1993 e 1996. Na súa última temporada...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de febreiro de 2008 ás 14:01

seaQuest DSV foi unha serie televisiva de ciencia ficción creada por Rockne S. O'Bannon. Foi emitidia orixinalmente pola NBC entre 1993 e 1996. Na súa última temporada o seu nome foi cambiado a seaQuest 2032.

Ambientada no "Futuro Próximo", seaQuest mesturaba ao principio drama con ciencia ficción de carácter realista. Estaba protagonizada por Roy Scheider como Nathan Bridger, capitán do submarino seaQuest DSV 4600, Jonathan Brandis como Lucas Wolenczak, un xenio dos computadores adolescente, e Stephanie Beacham como Kristin Westphalen, a oficial xefe do equipo médico e cabeza do departamento científico do seaQuest. Steven Spielberg expresou interese no proxecto e foi produtor executivo da serie durante as dúas primeiras temporadas.

A rodaxe da primeira temporada estivo marcada polas disputas entre produtores, cambios na direción e incluso un terremoto. A serie foi o suficientemente popular para duraren dúas temporadas e media, aínda que foi bruscamente cancelada na metade da terceira.

Roy Scheider narraba o voice-over nos créditos de apertura dos episodios da primeira temporada:

O século XXI: a humanidade colonizou a última rexión inexplorada da Terra; o océano. Como capitán do seaQuest e máis a súa tripulación, somos os seus gardas. Posto que baixo a superficie encontrase o futuro.'