Frodo Bulseiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
nomes propios
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Frodo Bulseiro''' (''Frodo Baggins'' no orixinal), é un dos personaxes principais da novela [[O Señor dos Aneis]] de [[John Ronald Reuel Tolkien]]. Chamado "o portador do anel", este [[hobbit]] foi o encargado de levar o [[Anel Único]] ata o [[Orodruin]] (chamado en lingua común Monte do Destino) para destruílo. Posteriormente, deixou a [[Terra Media]] nun navío que o levou, xunto a [[Gandalf|Gandalf o branco]], ás [[Terras Imperecedoiras]].
 
O hobbit Frodo Bulseiro, fillo de Drogo Bulseiro e Prímula Brandigamo, naceu o 22 de setembro do ano 2968 da [[Terceira Idade do Sol(Tolkien)|TI]]. Pasou a súa infancia en [[Casa Brandi]], vivindo coa familia de súa nai.
 
Os pais de Frodo morreron cando este tiña 12 anos, nun accidente mentres navegaban nun bote. As causas do accidente son incertas: todo parece indicar que Drogo acabara de cear, e o seu peso fixo afundir a embarcación, se ben algúns pensan que o hobbit empurrou á esposa á auga, e esta agarrouno con ela.