Tráfico negreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
m Robot: Reemplazo automático de texto (-conceito +concepto)
Liña 29:
Para Boxer, entre 1450 e 1500, os portugueses fixéranse con 150.000 negros. En [[1541]] [[Damião de Góis]] estimaba que entraban entre 10.000 e 12.000 africanos, ademais doutros de procedencias diferentes (Mogreb, India, Brasil). Estas cifras autores máis recentes áchanas esaxeradas. Con todo, trinta anos despois, calculábase que un terzo da poboación lisboeta, con cerca de 200.000 habitantes, e na que habería que contar os [[liberto]]s e libres, era negra. Aínda a fins do [[século XVIII|XVIII]] o seu número é grande, tirando a atención dos estranxeiros.
 
Desde Lisboa boa parte dos africanos son vendidos a [[España]] ou reexpedidos para América (as Cortes portuguesas de 1472 esixiran o traslado de todos os escravos para Portugal). As autoridades permitían que o funcionario que se trasladaba a América puidese levar con el de dúas a oito [[peza]]s (para este conceitoconcepto ver abaixo o apartado [[As condicións do tráfico]]). En España formaron unha proporción importante dos traballadores agrícolas e urbanos no Sur, nomeadamente en [[Andalucía]] e [[Comunidade valenciana|Valencia]]. No resto do país son, sobretodo, un luxo suntuario que exhiben os poderosos como domésticos. A loita pola independencia portuguesa, desde [[1640]], dificulta o aprovisionamento español, devecendo paulatinamente a súa importancia.
No resto da Europa o escravo foi igualmente un luxo doméstico, sen que fose nunca usado por sistema como forza de traballo.