Diferenzas entre revisións de «Tucídides»

m
Robot: Reemplazo automático de texto (-conceito +concepto)
m (robot Añadido: ar:ثوكيديدس)
m (Robot: Reemplazo automático de texto (-conceito +concepto))
Tucídides escribiu un único libro. Todo o seu legado á [[historiografía]] está contido nesta densa historia da guerra que durante vinte sete anos libraron Atenas e os seus aliados contra [[Esparta]] e os seus. A historia arranca perto do final do vixésimo primeiro ano.
 
Tucídides é considerado como un dos primeiros verdadeiros historiadores. Ao contrario que o seu precedesor [[Heródoto]] (chamado por veces "o pai da historia"), que incluía rumores e referencias a mitos e aos deuses nos seus escritos, Tucídides consultaba documentos escritos e entrevistaba aos participantes nos acontecementos que rexistra. Isto non impide que adolecese de preconceitospreconceptos inconscientes, pero Tucídides é o primeiro historiador que tenta ser completamente obxectivo. Mediante o seu descobremento da [[causalidade histórica]] creou o primeiro método científico da Historia.
 
Unha diferenza fundamental entre a ''Historia'' de Tucídides e os estudos historiográficos modernos é que a súa inclúe longos [[discurso]]s que, como el mesmo indica, eran o mellor que podía recordar do que se dixera (ou, talvez, do que pensaba que se debería ter dito). Estes discursos teñen unha factura literaria, como o do funeral de Pericles, que inclúe unha defensa moral apaixonada da democracia.
505

edicións