Diferenzas entre revisións de «Glosemática»

m
Robot: Reemplazo automático de texto (-conceito +concepto)
m (Bot:formateando categorías en maíuscula)
m (Robot: Reemplazo automático de texto (-conceito +concepto))
A glosemática é unha forma de [[estruturalismo]] [[abstracto]], moi influída polo [[cientifismo]] e o [[empirismo]]: pretende descobrir o equivalente dos [[átomo]]s que descobriron os físicos. Pretende chegar a unha [[teoría]] xeral aplicábel a todas as [[ciencias humanas]] na que a todo proceso debe corresponder un sistema e na que os resultados deben concordar cos datos da experiencia. A descrición, segundo o que Hjelmslev chama o "principio do empirismo", debe ser (1) sen contradicións, (2) exhaustiva, (3) simple.
 
Os métodos tradicionais son, segundo Hjelmslev, "[[indutivo]]s", ou sexa, van do particular ao xeral, polo que só poden fornecer conceitosconceptos válidos para un [[sistema lingüístico]] dado. A glosemática parte do texto, enunciado ou conxunto de enunciados a analizar e o seu obxecto é a estrutura [[inmanente]] da lingua. O texto caracterízase por ser analizábel en unidades menores; unhas son [[signo]]s e teñen unha [[significación]] e outras son [[figuras de expresión]] e carecen de contido propio. A noción de [[función]], definida como unha relación entre dous termos, desempeña un papel importante.
 
A lingua é un sistema de figuras, contrariamente aos sistemas de comunicación construídos a partir de signos non analizábeis (sistemas [[símbolo|simbólicos]], como a sinalización de estrada, sistemas [[xesto|xestuais]] ou [[escrita]]s [[ideográfico|ideográficas]]). O contido e a expresión son solidarios: todo [[enunciado]] debe ter un contido, mesmo se este for falso, incoherente ou inverosímil.
505

edicións