Diferenzas entre revisións de «Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Música»

→‎Solistas: Resposta
(→‎Solistas: Resposta)
* un pianista é un teclista?
Un saudiño. --[[Usuario:Xabier Cid|Xabier Cid]] 13:55, 29 xaneiro 2008 (UTC)
 
**Un instrumentista é calquera que toque un instrumento. Os instrumentistas ben poden tocar instrumentos (o que inclúe a voz) nun grupo, en solitario, ou ambas as dúas. Desde este punto de vista pode haber confusión debido ao lugar en que está situada a categoría de [[:Categoría:Solistas|solistas]], xa que podería ben estar baixo a de [[:Categoría:Grupos musicais|grupos musicais]]. O ''solista'' é tanto unha carácteristica dun instrumentista (aquel que editou obras en solitario) como un tipo de agrupación. Para reflectir o segundo matiz, quizáis estaría ben na categoría de [[:Categoría:Grupos musicais|grupos musicais]] crear unha subcategoría chamada [[:Categoría:Grupos musicais por agrupación|grupos musicais por agrupación]] na que dividir as agrupacións segundo de que tipo sexan (solistas, cuartetos, formas sonatas, etc.).
**Respecto aos instrumentistas por instrumento, estou empezando a recategorizar os artigos, e para iso empecei polos que foron situados directamente na categoría [[:Categoría:Música|música]]. As categorías as vou creando a medida que aparecen os artigos que encaixan nelas, así que é cuestión de tempo. En canto colla o artigo dun gaiteiro, crearei a subcategoría correspondente. Como os gaiteiros, ao seren tan importantes no noso panorama cultural, foron ben clasificados dentro do esquema anterior, probablemente serán adaptados á nova ampliación todos de golpe. Polo de agora só clasifiquei artigos soltos.
**Teclista é aquel que toca instrumentos de teclas, tales coma o piano, clavicordio, etc. O problema ao clasificar isto é que a maioría dos teclistas tocan varios instrumentos de teclas (órgano, teclado, piano, clavicordio...). Igual ocorre cos guitarristas, baixistas, etc. Por iso a categoría de pianista sería máis propia daqueles músicos que únicamente se dedicasen a ese instrumento, e non a outros de teclas. A confusión xorde co ''teclado'', xa que ''teclista'' pode ser considerado tamén un sinónimo de ''tecladista''. Polo de agora non fixen difetencia nos artigos que clasifiquei, e metín a todos no mesmo saco, máis que nada por evitar equivocarme, xa que ao mellor clasifico como pianista, por exemplo, a alguén que tamén toca o órgano, ou o teclado. Ante a duda, o mellor é categorizar ao instrumentista en cuestión como ''teclista'', e máis adiante, se alguén pode afirmar con seguridade que certo instrumentista se adica en concreto a un instrumento, concretar a súa categoría.
 
Un saúdo. --[[Usuario:Gallaecio|Gallaecio]]<sup>[[Conversa_Usuario:Gallaecio|E logo?]]</sup> 21:22, 10 febreiro 2008 (UTC)
13.518

edicións