Bilbo Bulseiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
É fillo de Bungo Bulseiro e de Beladona Tuk.
 
Se ben ó principio na [[Comarca (Terra Media)|Comarca]] tívoselle por un hobbit normal e con bo sentido común, a súa vida mudou por completo no ano 2941 da [[Terceira Idade (Tolkien)|Terceira Idade]] tras recibir unha visita inesperada de [[Gandalf]] e dunha compañía de [[Ananos (Terra Media)|ananos]]. Sen previo aviso, foron chegando á súa casa a tomar té [[Dwalin]], [[Balin (Terra Media)|Balin]], [[Kíli (Terra Media)|Kili]] e [[Fíli]], [[Dori (Terra Media)|Dori]], [[Nori (Terra Media)|Nori]], [[Ori (Terra Media)|Ori]], [[Óin Fillo de Gróin|Óin]] e [[Glóin]], e por último, Gandalf (ó que si invitara), acompañado de [[Bifur]], [[Bofur]], [[Bombur]] e [[Thorin Escudo de Carballo|Thorin]] ''Escudo de Carballo''.
 
Os Ananos, liderados por Thorin, necesitaban un membro máis, un saqueador experto, para poder levar a cabo o seu plan: alcanzar a [[Montaña Solitaria]], derrotar ó gran dragón [[Smaug]] e recuperar o Reino Baixo a Montaña.