Dúas Árbores de Valinor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
Como os primeiros [[Elfo]]s que chegaron a Valinor amaban de maneira especial a Telperion, Yavanna creou unha segunda árbore coma el para que se erguese na cidade de [[Tirion]], na que os [[Vanyar]] e os [[Noldor]] cohabitaban nun principio. Esta árbore, chamada Galathilion, era idéntica a Telperion agás polo feito de non emitir luz propia. Deu lugar a moitos rebentos, un dos cales recibiu o nome de [[Celeborn]], e foi plantado na illa de [[Tol Eressëa]].
 
Na [[Segunda Idade do Sol|Segunda Idade]] entregouse un dos rebentos de Celeborn aos [[Númenor|Númenorianos]] como obsequio; tratábase de [[Nimloth]], a Árbore Branca de Númenor. Viviu durante case toda a existencia do reino, mais cando [[Sauron]] tomou o control da illa, fixo que o rei [[Ar-Pharazôn]] a tallase.
 
Afortunadamente, [[Isildur]] logrou salvar un dos froitos desa árbore, que máis tarde enxendraría as [[Árbore Branca de Gondor|Árbores Brancas]] de [[Gondor]].
Liña 35:
Toda a historia da [[Primeira Idade]] vese intensamente afectada polo devezo de moitos personaxes de posuír os [[Silmarils]], que albergaban o que restaba da luz sen mácula das Árbores.
 
Na [[Segunda Idade do Sol|Segunda]] e [[Terceira Idade do Sol(Tolkien)|Terceira]] Idades, as Árbores Brancas de Númenor e Gondor, cuxo aspecto asemellábase ao de Telperion, tiveron un significado máis ben simbólico, como emblemas de cadanseu reino, e como lembranza da ancestral alianza entre os [[Dúnedain]] e os Elfos. No entanto, esta relación quizais fose máis profunda, xa que a destrución de cada unha das árbores precedeu inevitabelmente a dificultades para ese reino, dando a entender que existía un vencello místico aínda máis forte.
 
== Significado Externo ==