Sauron: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Manudosde (conversa | contribucións)
Eliminación de exceso de ligazóns internas
Liña 13:
'''Sauron''' permaneceu na [[Terra Media]] durante máis de 16.000 anos, moito máis que tódolos seus principais inimigos, excepto quizais [[Círdan]] o Construtor de Barcos.
 
Como antes se menciona, '''Sauron''' é un [[Ainur|Ainu]], un dos Maiar, contado entre o séquito de Aulë, o ferreiro, polo que tiña altos coñecementos neste campo. Pero Sauron tamén tiña moitos outros poderes: o poder de cambiar a súa forma á que quixera, poder que utilizou para enganar ós [[Noldor]] máis dunha vez, e ós homes de [[Númenor]]. Tamén podía manexar os espíritos menores e invocalos (de aí talvez o nome de ''Nigromante'' ou ''Feiticeiro''), e tamén podía chamar espíritos malignos e metelos dentro de criaturas monstruosas (de onde saca o nome de ''Señor dos Licántropos''; el mesmo transformouse unha vez nun lobo terrible). Tamén podía crear ilusións nas persoas de mente débil, entre moitos outros poderes.
 
Desde que é corrompido, '''Sauron''' convértese no máis temido dos servidores de Morgoth, e dise que é posible que Sauron fora dos máis poderosos entre os Maiar. Sábese porén polos escritos do autor que Sauron temía profundamente a [[Melian]] a Maia, esposa de Thingol, e nunca se atreveu a desafiala.
Liña 32:
A Segunda Idade é chamada 'os Anos Escuros', xa que, agás as protexidas [[Lindon]] e [[Imladris]], '''Sauron''' estende a escuridade, dominando ós Homes menores da Terra Media, quen, temerosamente, o veneraban como un deus. Cando [[Celebrimbor]] descobre o engano de Sauron e oculta os tres aneis élficos, o Maia enfurécese e pretende facer pagar ós elfos o que el consideraba unha traizón, e invade [[Eriador]] e asola todo o que se atopa ó seu paso. Destrúe Eregion por completo e toda Eriador cae baixo o seu poder. Ata a embestida dos Elfos no norte e os numenorianos no sur: esta é a segunda gran derrota de Sauron. Ó ser derrotado, Sauron foxe ó leste, onde se refuxia e intenta recuperar o seu poder.
 
A finais da Segunda Idade '''Sauron''' é o señor máis poderoso da [[Terra Media]]. Isto esperta a ira e a envexa de Ar-Phârazon, o último rei de [[Númenor]], quen vai ás Beiras de [[Umbar]] (dominio numenoriano), cun poderoso exército e esixe a Sauron a súa rendición, so pena de destruílo. O Señor Escuro acepta renderse e vai como prisioneiro a Númenor, non porque realmente eles puideran atar a Sauron, que posuía o Anel Único, senón porque os seus desexos eran infiltrarse en [[Númenor]] e persuadir ó rei [[Ar-Phârazon]] de venerar a escuridade, desexar a vida eterna, rexeitar ós Elfos e ós Valar e pechar as chegadas a porto dos Elfos da Illa Solitaria.
 
Persuádeo para atacar [[Valinor]] e rebelarse contra os [[Valar]]. O rei atende estes consellos e forma unha grande armada (a máis grande de toda a historia da Terra Media) e diríxese a [[Tol Eressëa]] co fin de invadir Valinor. A ira dos Valar esperta e solicitan a [[Ilúvatar]] que free as ambicións dos [[numenorianos]], levantando este unha grande onda que provoca a destrución e o afundimento da illa de [[Númenor]], da que se salva o seu xa declarado inimigo: [[Elendil]].
 
Dise na historia da [[Akallabêth|Caída de [[Númenor]], que Sauron, atrapado pola grande onda que destruíu esta illa, perdeu a capacidade de tomar unha forma amable e fermosa, é dicir, perdeu a capacidade de transformarse en Annatar para sempre. Pero o seu escuro espírito sobrevive, e regresa como vento maligno á [[Terra Media]], apousentándose novamente na Torre Escura. En adiante, séndolle imposible recuperar outra vez unha forma que parecerá adecuada ós ollos dos homes, só mediante a forza e o medo logrou conservar o seu poder.
 
A familia e os seguidores de Elendil, que sobreviviron á destrución de [[Númenor]], chegaron á Terra Media, fundando os reinos no exilio de [[Arnor]] e [[Gondor]], e formando posteriormente con [[Gil-Galad]], rei dos [[Noldor]] da Terra Media, a [[Última Alianza entre Elfos e Homes]]. Esta alianza logrou derrotar temporalmente a Sauron, a terceira das súas grandes derrotas, arrincándolle o [[Anel Único]], pero este non foi destruído, e con el a maior e mellor parte do seu poder quedaron intactos, provocando o seu regreso na idade que viría.