Sauron: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Corrección de Primeira Idade do Sol (véxase o artigo Primeira Idade)
Manudosde (conversa | contribucións)
Corrección das Idades por coherencia. Véxase o artigo da Primeira Idade para explicación completa
Liña 1:
[[Imaxe:Sauron replica.jpg|thumb|200|Sauron nos filmes de Peter Jackson]]Na [[Terra Media]], o universo de ficción de [[Tolkien]], '''Sauron''' é un [[Maiar|Maia]] antagónico dos [[Elfos (Terra Media)|Elfos]], [[Homes (Terra Media)|Homes]] e tódolos pobos libres da [[Terra Media]]. Fai a súa primeira aparición no principio dos días, moito antes da [[Primeira Idade]] e é finalmente derrotado o 25 de marzal de 3019 da [[Terceira Idade do Sol(Tolkien)|TI]].
Sauron é o personaxe que dá nome á triloxía d'[[O Señor dos Aneis]] por ser o Creador e Señor do [[Anel Único]].
Liña 24:
Sauron sofre a primeira das súas grandes derrotas na Primeira Idade cando [[Lúthien]] chega a rescatar a [[Beren]], preso nos calabozos da Torre de Sauron; ela lanza un canto de encantamento e está acompañada por [[Huan]], o can de [[Valinor]]; ambos enfróntanse a Sauron, que é inmobilizado polos poderes da filla de Melian, e é atacado por Huan. Sauron foxe da Torre á Fraga de [[Taur-Nu-Fuin]], onde se lle menciona por última vez dentro da historia dos Silmarils.
 
===Sauron na Segunda Idade do Sol===
{{Ver artigo principal|Eregion, Celebrimbor e os Aneis do Poder}}
Trala caída definitiva de [[Morgoth]] na [[Guerra da Cólera]], e logo de ver o poderío dos Señores do Occidente, '''Sauron''' amedrentouse e pediu perdón e clemencia. [[Eönwë]], o Heraldo de [[Manwë]], cominouno a ir a [[Valinor]] para ser xulgado, pero Sauron non desexou recibir condena algunha, pois tivera moito poder baixo Morgoth, e o mal estaba demasiado presente nel. Foi así que permaneceu na Terra Media durante as idades sucesivas, levantándose como novo Señor Escuro.
 
Ó inicio da [[Segunda Idade do Sol|Segunda Idade]] concéntrase no engano e a persuasión antes de despregar as súas forzas, de maneira que usou unha nova identidade facéndose chamar ''[[Annatar]]'' o "Señor dos Dons", presentándose cunha fermosa forma e dicindo ser enviado polos [[Valar]] para axudar ós [[Noldor]] nas súas tarefas para embelecer a [[Terra Media]] durante a Segunda Idade. '''Sauron''' no personaxe de Annatar é expulsado de [[Lindon]], a Terra de [[Gil-Galad]], posto que tanto o primeiro como [[Galadriel]] e [[Elrond]] desconfiaban deste novo personaxe. Pero foi ben recibido por [[Celebrimbor]] en [[Ost-in-Edhil]], a principal cidade de [[Eregion]], onde persuadiu ós Elfos para que forxasen os [[Aneis de poder]]. Porén o [[Anel Único]] foi forxado só por el nos fogos do [[Orodruin|Monte do Destino]], feito para dominar a tódalas razas da [[Terra Media]]. Sobre a sorte dese Anel e as guerras que por el se libraron trata ''[[O Señor dos Aneis]].
 
A Segunda Idade é chamada 'os Anos Escuros', xa que, agás as protexidas [[Lindon]] e [[Imladris]], '''Sauron''' estende a escuridade, dominando ós Homes menores da Terra Media, quen, temerosamente, o veneraban como un deus. Cando [[Celebrimbor]] descobre o engano de Sauron e oculta os tres aneis élficos, o Maia enfurécese e pretende facer pagar ós elfos o que el consideraba unha traizón, e invade [[Eriador]] e asola todo o que se atopa ó seu paso. Destrúe Eregion por completo e toda Eriador cae baixo o seu poder. Ata a embestida dos Elfos no norte e os numenorianos no sur: esta é a segunda gran derrota de Sauron. Ó ser derrotado, Sauron foxe ó leste, onde se refuxia e intenta recuperar o seu poder.
Liña 40:
A familia e os seguidores de Elendil, que sobreviviron á destrución de [[Númenor]], chegaron á Terra Media, fundando os reinos no exilio de [[Arnor]] e [[Gondor]], e formando posteriormente con [[Gil-Galad]], rei dos [[Noldor]] da Terra Media, a [[Última Alianza entre Elfos e Homes]]. Esta alianza logrou derrotar temporalmente a Sauron, a terceira das súas grandes derrotas, arrincándolle o [[Anel Único]], pero este non foi destruído, e con el a maior e mellor parte do seu poder quedaron intactos, provocando o seu regreso na idade que viría.
 
===Sauron na Terceira Idade do Sol===
'''Sauron''' estaba desprovisto de gran parte do seu poder trala perda do Anel, polo que actuou con cautela. Reaparece no oeste da Terra Media aproximadamente no ano 1000, cando se escondeu en [[Dol Guldur]], nun outeiro no sur do Gran Bosque Verde (chamado en adiante [[Bosque Escuro]]), onde foi coñecido como "o Nigromante" (tal e como se narra n'[[O Hobbit]]).
 
Liña 52:
 
==A trascendencia do mal de Sauron==
'''Sauron''' é derrotado en 3019 da Terceira Idade do Sol, sen presentar batalla ós seus principais e máis odiados inimigos: [[Círdan]], [[Galadriel]] e [[Elrond]], pero a destrución do Anel Dominante sela da mesma forma a fin da historia dos Altos Elfos na [[Terra Media]]; os señores elfos usaran nos seus reinos o poder dos Tres, preservando intacto todo o que arredor deles se encontraba, por isto os seus reinos eran os máis fermosos da terra, e tamén os máis fortes, pero os Tres non estaban libres do Único, e só a presenza do Único no mundo mantiña o poder latente nos Tres.
 
Unha vez destruído o Único, os Tres perderían todo o seu poder, máis tarde que cedo, causando que todo aquilo feito con eles se murchara e se perdera nas páxinas do esquecemento.