Karl Barth: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 8:
Barth foi un dos fundadores do movemento teolóxico coñecido como a [[Teoloxía dialéctica]], que enfatiza a revelación de [[Deus]] por Deus como a fonte da doutrina cristiá e a Biblia é a interpelación que Deus dirixe aos homes.
 
Inimigo declarado da [[teoloxía natural]], para Barth o Deus que constrúe a [[razón]] humana non é máis ca unha proxección do home mesmo (tal como albiscara [[Ludwig Feuerbach]]). Trátase dunha perigosa fantasía cosmovisional, un ídolo. A razón humana está escurecida pola soberbia radical do home natural que é absolutamente pecador. Só Deus pode ter a iniciativa por pura [[Graza]]. Fronte a [[Igrexa católica]] que ve na razón humana unha analoxía do Logos divino, Barth afirma a radical gratuidade da acción salvadora de Deus en [[Xesús de Nazareth|Xesucristo]] sen virtude nin mérito por parte do home.
 
Logo da [[Segunda Guerra Mundial]] opúxose ao rearmamento alemán e apoiou ao movemento pacifista.