Estigmerxia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Estigmerxia''' significa colaboración a través do medio físico. A '''Estigmerxia''' é un método de [[comunicación]] indirecta nun [[sistema emerxente]] [[autoorganización|autoorganizado]] onde os diversos compoñentes se comunican e colaboran entre si a través de pautas ou fitos deixados no medio: [[feromona]]s, acumulación de obxectos ou calquera outro tipo de cambio físico, como a temperatura.
 
O concepto de ''estigmerxia'' foi introducido por [[Pierre-Paul Grassé]], un estudoso das formigas, para explicar como realizaban as tarefas en insectos sociais sen necesidade de planificación nin dun poder central.
 
 
== Algoritmo OCF ==
Actualmente foi tomado e estendido a unha serie de [[algoritmosalgoritmo]]s que forman parte da [[intelixencia artificial]]; en xeral, estes algoritmos denomínanse de ''optimización por colonia de formigas'' (OCF).
 
Os algoritmos de OCF úsanse para solucionar problemas de [[optimización]] [[combinatoria]], creando unha especie de [[colonia]] de formigas artificiais, uns elementos computacionais simples que traballan de xeito [[cooperación|cooperativo]] e que se comunican mediante os rastros (i.e., os [[grafo]]s dos camiños percorridos) deixados polas [[feromona]]s artificiais.
Os algoritmos de OCF son [[iteración|iterativos]]: en cada iteración, cada formiga constrúe unha solución ao problema percorrendo un determinado grafo. As arestas do grafo, que representa os posibles pasos que a formiga pode dar, teñen dous tipos de información asociada, en base aos cales se moven as formigas:
 
*[[Información]] propia, heurística, que mide a preferencia heurística de moverse desde un nodo ''x'' ata un nodo ''y'', ou sexa, de percorrer a aresta ''x'',''y''. As formigas non modifican esta información durante a execución do algoritmo.
*Información do grupo, en base aos rastros de feromona artificiais, que mide a bondade do movemento de ''x'' ata ''y''. Esta información varía durante a execución do algoritmo segundo as solucións que as formigas van adoptando.