Bailarete: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Acerto (conversa | contribucións)
m O dicionario da RAE non serve como fonte de autoridade en galego
Liña 4:
[[Image:Dave bearing freestyle.ogg|thumb|[[Freestyle]] con unha [[buxaina]].]]
[[Image:Japanese Top teyorigoma.jpg|thumb|Bailaretes xaponesas.]]
Un '''bailarete''' é un corpo que pode xirar sobre unha punta sobre a que se sitúa o seu [[centro gravitatorio]] de forma perpendicular ao [[eixo]] de xiro, [[equilibrio|equilibrándose]] sobre un punto grazas á [[velocidade angular]], que permite o desenvolvemento do [[efecto xiroscópico]]. Normalmente utilízase como [[xoguete]] existindo numerosas formas derivadas da peonza clásica, que se fai xirar coa man, normalmente grazas a un saínte en vertical que permite imprimir a [[forza angular]]. Tamén foron utilizadas para [[xogos de azar]] e para realizar [[profecía]]s e outros rituais. De feito, crese que este xogo, de orixe arcaica, está asociado con rituais de adiviñación e interpretación de presaxios en certa época do ano, utilizándose para recrear o movemento dos [[astro]]s, dando posiblemente como froito á [[perinola]].<ref>[http://www.mamacoca.org/feb2002/art_perez_almendron_perinola.html ''Del Almendrón a La Perinol’: Cafres y Bonanzas Colombianos Vistos Desde El Filo Del Caos''. Bernardo Pérez Salazar, Macoa, 1999.]</ref>Tamén se denomina bailarete a [[buxaina#sen punta incrustada|buxaina sen punta de ferro]] que se fai bailar empregando un látigo.<ref>[http://buscon.rae.es/draeI/SrvltGUIBusUsual?LEMA=peonza Real Academia Española. ''Diccionario de la Lengua Española - Vigésima segunda edición''. ''Peonza''].</ref>
==Funcionamento==
O [[efecto xiroscópico]] permite que se manteña sobre a súa punta ata que o vector [[peso]] ([[masa]] · [[gravidade]]) termina por tomar unha inclinación con respecto ao eixo provocando unha variación na localización do [[centro de gravidade]]. Isto provoca unha variación na traxectoria de xiro que comeza a describir [[círculo]]s propiciando a caída do bailarete. Deste xeito a caída é directamente proporcional ao mencionado [[ángulo]] e ao [[vector]] [[peso]], e inversamente proporcional á [[velocidade angular|velocidade de xiro]].