Diferenzas entre revisións de «Nazgûl»

 
<blockquote>'' "Aqueles que usaron os Nove Aneis tornáronse poderosos no seu tempo, reis, feiticeiros e guerreiros de antano. Obtiveron gloria e grandes riquezas, mais resultou na súa ruína. Gozaban, segundo semellaba, da vida eterna, e porén a vida facíaselles insoportábel. Podían, de o desexaren, camiñar sen ser vistos por ningún ollo baixo o sol, e podían ver cousas en mundos invisíbeis para os homes mortais; mais demasiado a miúdo contemplaban só as pantasmas e ilusións de Sauron. E un a un, antes ou despois, dependendo da súa forza innata e da bondade ou maldade das súas vontades no inicio, caeron baixo a escravitude do anel que portaban e da dominación do Único que era o de Sauron. E tornáronse para sempre invisíbeis agás para el, que levaba o Anel Dominante, e adentráronse na esfera das sombras. Eran os Nazgûl, os Espectros do Anel, os servos máis terríbeis do Inimigo; a escuridade acompañábaos, e os seus berros eran as voces da morte" ''
(''<ref>[[O Silmarillion]]: "DosOf the AneisRings deof PoderPower eand athe TerceiraThird IdadeAge"'', 346)</ref>.</blockquote>
 
O efecto corruptor dos Aneis prolongou a súa vida moi alén dos seus anos mortais, mentres as súas formas corpóreas se esvaecían co tempo até se volver completamente invisíbeis aos ollos dos mortais. Presentaban unha forma visíbel só por medio do seu atavío negro exterior. O reflexo vermello dos seus ollos podía apreciarse mesmo á luz do día, e ao se enfureceren aparecían envoltos nun lume infernal. Contaban con multitude de armas; n'''[[A Irmandade do Anel]]'' portaban espadas de aceiro, e o seu líder, o [[Rei Bruxo de Angmar]], esgrimía un coitelo con propiedades máxicas malignas. Máis adiante, durante a [[Batalla dos Campos de Pelennor]], levaba unha "espada longa e pálida"<ref>O Regreso do Rei: O asedio de Gondor</ref> que inspiraba terror nos corazóns dos defensores de [[Minas Tirith]], e logo de chegaren os [[Rohirrim]] brandiu unha maza nun duelo contra [[Éowyn]].
3.209

edicións