Castelo de Fontainebleau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maañón (conversa | contribucións)
da wiki.pt
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2008 ás 22:41

Erro de Lua en Módulo:Math na liña 181: attempt to perform arithmetic on a nil value.{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Castelo de Fontainebleau, Francia: vista da fachada, a partir dos xardins.

O Royal Château de Fontainebleau é un dos maiores Châteaux Reais franceses. Está localizado na cidade de Fontainebleau, departamento de Seine-et-Marne, no norte de Francia.

O palacio reflicte, actualmente, o traballo de varios monarcas franceses, construído a partir dunha estrutura inicial de Francisco I. O edificio esténdese arredor dunha serie de patios.

A cidade de Fontainebleau creceu ao redor do que restaba do Bosque de Fontainebleau, un antigo parque de caza real.

Este pazo introduciu en Francia o Maneirismo italiano, tanto na decoración de interiores como nos xardíns, e transformouno ao facer a tralación a Francia. O Maneirismo francés na decoración de interiores do século XVI coñécese como "Estilo Fontainebleau": este combina escultura, traballos en metal, pintura, estuco e traballos en madeira. Exteriormente introduciu o parterre de xardín. O Estilo Fontainebleau combinou pinturas alegóricas en traballos de rebocador moldeados, onde o encadramento era tratado como se fose coiro ou papel, cortado enrolado en pergamiños con arabescos e grotescos.

Parte esquerda do Patio de Honra

Os ideais da beleza feminina en Fontainbleau son Maneiristas: unha pequena e graciosa cabeza nun pescozo longo, exaxeradamente longos torso e brazos, peitos pequenos e altos — case un regreso ás belezas do gótico tardío. Os novos traballos en Fontainebleau foron feitos en refinados e detallados gravados que circularon entre coñecedores e artistas.

A través dos gravados feitos pola "Escola de Fontainebleau", este novo estilo foi transmitido a outros centros do norte de Europa, especialmente Amberes, Alemaña e, máis tarde, tamén Londres.

Historia

 
Interior
 
Vestiario da Raíña María Antonieta
 

O vello castelo que se erguía neste lugar xa se usaba ao final do século XII polo Rei Luis VII, para quen Thomas Becket consagrou a capela. Fontainebleau foi unha das residencias favoritas de Filipe II e de Luís IX. O creador do actual edificio foi Francisco I, para quen o arquitecto Gilles le Breton erixiu a maior parte das construcións do Cour Ovale (Cortiña Oval), incluíndo a Porte Dorée, a súa entrada Sur. Este rei tamén convidou para Francia, Sebastiano Serlio e Leonardo da Vinci. A Galería de Francisco I, cos seus afrescos feitos en estuque por Rosso Fiorentino, foi construída entre 1522 e 1540, sendo a primeira gran galería decorada en ser construída en Francia. De un modo xeral, Fontainebleau introduciu o Renacemento en Francia. A Salle des Fêtes, no reinado de Henrique II, decorouse polos pintores Maneiristas italianos, Francesco Primaticcio e Niccollo dell Abbate. A "Ninfa de Fontainebleau", de Benvenuto Cellini, encomendada para o palacio, está no Louvre.

 
Fontainebleau visto desde o lago

Foi levada a cabo outra campaña de extensas construcións por Henrique II e Catarina de Médici, que contrataron os arquitectos Philibert Delorme e Jean Bullant.

Ao Fontainebleau de Francisco I e Henrique II, Henrique IV engadiulle o patio que leva o seu nome, e aínda o Cour des Princes, coa adxacente Galerie de Diane de Poitiers e a Galeríe des Cerfs, usada como biblioteca. Nestes proxectos adicionais desenvolveuse unha "segunda escola de decoradores de Fontainebleau", menos ambiciosa e orixinal que a primeira. Henrique IV perforou o bosque cun canal de 1200 m. (onde se pode pescar actualmente) e ordenou a plantación de piñeiros, olmos e árbores de froita. O seu xardineiro, Claude Mollet, entrenado no Château d'Anet, executou parterres. Tres séculos despois o palacio entrou en decadencia; durante a Revolución Francesa moito do mobiliario orixinal foi vendido, no decurso das vendas revolucionarias do contido de todos os palacios Reais, concibidas como unha forma de conseguir diñeiro para a nación e asegurar que os Borbóns non poderían voltar aos seus confortos. Porén, unha década despois, o Emperador Napoleón Bonaparte, comezou a transformar o Château de Fontainebleau nun símbolo da súa grandeza, como unha alternativa ao baleiro Palacio de Versailles, coas súas connotacións Borbónicas. En Fontainebleau, [[Napoleón I de Francia|Napoleón]] asinou a súa abdicación, co Tratado de Fontainebleau, despediuse da súa Vella Garda e foi para o exilio, en 1814. Con modificacións á estrutura do palacio, incluíndo a entrada de cantaría suficientemente larga para a súa carruaxe, Napoleón axudou a facer do palacio o lugar que os visitantes coñecen actualmente. Fontainebleau foi o escenario da Corte do Segundo Imperio, do seu sobriño Napoleón III.

 
Xardíns

Filipe IV, Henrique III e Luís XIII naceron neste palacio, e o primeiro destes reis tamén morreu aquí. Cristina da Suecia viviu en Fontainebleau durante varios anos, despois da súa abdicación en 1654. O 1685 Fontainebleau asistiu á sinatura do Edito de fontainebleau, quen revogou o Edito de Nantes (1598). Os hóspedes reais dos Reis Borbón instaláronse en Fontainebleau: Pedro I da Rusia e Cristiano VII da Dinamarca, e tamén, na época de Napoleón, o Papa Pio VII — en 1804 cando veu consagrar Napoleón como Emperador, e entre 1812 e 1814, cando foi o seu prisioneiro.

Actualmente, parte do palacio alberga as "Écoles d'Art Américaines", unha escola de arte, arquitectura e música para estudantes dos E.U.A.. Preservado nos campos está o jeu de paume (pista de tennis real) de Henrique IV. É a maior pista de tenis deste xénero no mundo, e unha das poucas de propiedade pública.[1]

O 1981, o Château de Fontainebleau foi cualificado como Patrimonio Mundial pola UNESCO.

Ligazóns externas

  1. Cercle du jeu de paume de Fontainebleau. "Histoire de la salle de jeu de paume de fontainebleau".  Parámetro descoñecido |data de acceso= ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |accessyear= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)