Vogal temática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Lmbuga (conversa | contribucións)
+
Liña 1:
A '''vogal temática''' é un [[Constituíntes verbais|constituínte da flexión verbal]] que permite a clasificación dos verbos[[verbo]]s en [[Conxugación verbal|conxugacións]]. Está situada entre a [[raíz verbal]] e o [[Sufixo|sufixo modo-temporal]], se ben non tódalas formas do [[paradigma]] verbal teñen vogal temática, é o caso do [[presente de subxuntivo]].
 
Así a todo, hai diverxencias en canto á consideración da entidade ou localización da vogal temática. Tres son as interpretacións que se fan da mesma:
:*a vogal temática é parte do radical,
:*a vogal temática é independente da raíz e do [[morfema modo-temporal]]
:*a vogal temática é parte do morfema de modo e tempo.
 
Na análise da flexión verbal do [[Lingua portuguesa|portugués]], [[Mattoso CamaraCâmara]] segmenta catro constituíntes: o radical (R), formado por un morfema lexical que pode levar morfemas derivacionais; a vocal temática (VT), que amplía o radical e serve para clasificar morficamente os verbos; o sufixo modotemporal (SMT), con amalgama das nocións gramaticais de modo e tempo; o sufixo número-persoal (SNP), onde están amalgamadas as nocións de número e persoa do suxeito. Os dous primeiros constituíntes forman o tema (T) e os outros o sufixo flexional (SF).
 
Na descrición sincrónica do verbo galego realizada por [[Antón Santamarina]] aplícase o método proposto por Mattoso CamaraCâmara, con idéntica segmentación e consideración da vogal temática verbo dos outros tres constituíntes. E o mesmo se fai na Gramática Galega<ref>Álvarez, R., Monteagudo, H., Regueira, X. L. (1986): ''Gramática Galega'', Vigo. Galaxia, 1995</ref>.
 
==A vogal temática e conxugación==
Liña 20:
[[Mattoso Câmara]], ó analizar a flexión verbal do [[Lingua portuguesa|portugués]] afirma que esta clasificación tripartita ''é uma aproximaçáo da realidade. Na verdade, em face de uma 1ª classe, ou conjugaçáo I (CI) há outra classe que em certas formas se divide numa conjugaçáo II (CII) e numa conjugaçáo III (CIII)''<ref>Câmara Jr., J. Mattoso (1982): ''Estrutura da língua portuguesa''. Petrópolis: Vozes, 1982, páx. 105</ref>. Para este lingüísta, o feito de que se escolla o infinitivo é unha convención da descrición, debido a que é "a forma verbal mais indefinida quanto ás noçoes gramaticais'<ref>Câmara Jr., J. Mattoso (1982): ''Estrutura da língua portuguesa''. Petrópolis: Vozes, 1982, páx. 105</ref>.
 
Ó describi-lo verbo galego [[Antón Santamarina]] (1974)<ref>Santamarina, Antón (1974): ''El verbo gallego''. Anexo 4 de Verba. Santiago</ref> salienta que a clasificación en conxugacións se basea na tan frecuente coincidencia dos verbos na desinencia de infinitivo (-ar, -er, -ir), pero o que realmente indica a conxugación á que pertence unha forma verbal ou todo o paradigma é a vogal temática, tónica no infinitivo: /a/ na primeira conxugación /e/ na segunda e /i/ na terceira; velaí o motivo polo que se toma a desinencia do infinitivo como indicador de clase mórfica, xa que, en posición átona, a vogal temática está suxeita a determinadas [[neutralización]]s, que levan en certos casos á confluencia da segunda e da terceira conxugacións nun só grupo mórfico, por exemplo, ''coll'''e'''r > coll'''e'''s ante part'''i'''r > part'''e'''s''. Así a todo, o [[verbo]] galego presentaachega un gran conservadorismo nos seus constituíntes morfolóxicos, ó non se rexistraren moitas das neutralizacións temáticas presentes noutras linguas próximas.
 
Considerando a totalidade dos verbos, regulares e irregulares, pode falarse da existencia de catro conxugacións[[conxugación]]s nas formas nominais e no tema de presente: (1ª - cantar, 2ª - deber, 3ª - vivir, e 4ª - ir, pór), con vogal temática /a, e, i, Ø/ respectivamente, fronte a cinco no tema de Perfectoperfecto (1ª, cant-a-ra, 2ª deb-[e]-ra, 3ª viv-i-ra, 4ª fo--ra, 5ª coub-[ę]-ra), coas vogais temáticas /a, e, i, Ø, ę/, respectivamente.
 
Considerando a vogal temática do [[tema de presente]] ante a vogal temática das formas do [[tema de perfecto]], tendo en conta os [[verbo irregular|verbos irregulares]] na [[Normativa oficial do galego - Verbo#Paradigmas dos verbos irregulares|''Normativa oficial do galego'']], podemos distinguir as seguintes clases mórficas:
 
[[Imaxe:Clases mórficas do verbo galego.png|center|thumb|666px|Clases mórficas do idioma galego]]
Liña 33:
[[Image:Verbo regular gl morfemas.jpg|center|thumb|555px|Estrutura dos verbos regulares]]
 
===<big>'''Observacións ó gráfico==='''</big>
#En verbos como ''ler'' e ''rir'' a vogal temática é absorbida pola vogal do radical nestas formas: ''le-s, le, ri-s, ri.''
#Naquelas formas en que queda en posición átona postónica, a vogal temática da segunda e terceira conxugación neutralízase en /E/, fronte á vocal /a/ da primeira conxugación: Presente de indicativo (''fal-a-s, fal-a, fal-a-n'' / ''com-e-s, com-e, com-e-n; part-e-s, part-e, part-e-n'') e imperativo: ''fal-a / com-e, part-e.''
Liña 42:
#Hai [[Participio|participios atemáticos]], como ence-Ø-so, vol-Ø-to, mor-Ø-to, aber-Ø-to, enxoi-Ø-to, mu-Ø-do, na-Ø-do.
 
==A vogal temática nos verbos irregulares==
 
Os verbos irregulares diferencian con claridade o tema de presente do tema de perfecto. No tema de presente a maior parte deles aseméllanse, aínda que con certas peculiaridades, ós verbos regulares da segunda conxugación, mentres que ''estar'' e ''dar'' seguen case sempre o modelo dos verbos da primeira conxugación e ''dicir'' e ''vir'' o da terceira conxugación. Así a todo, no tema de perfecto todos teñen unha vogal temática común /E/, agás ''ver'', que se comporta, neste tema, igual cós verbos da terceira conxugación, a pesar de que no tema de presente segue os verbos da segunda conxugación do tipo de ''ler''
.
==Referencias==
<references/>