Diferenzas entre revisións de «Vogal temática»

(retiro enuso)
Ó describi-lo verbo galego [[Antón Santamarina]] (1974)<ref>Santamarina, Antón (1974): ''El verbo gallego''. Anexo 4 de Verba. Santiago</ref> salienta que a clasificación en conxugacións se basea na tan frecuente coincidencia dos verbos na desinencia de infinitivo (-ar, -er, -ir), pero o que realmente indica a conxugación á que pertence unha forma verbal ou todo o paradigma é a vogal temática, tónica no infinitivo: /a/ na primeira conxugación /e/ na segunda e /i/ na terceira; velaí o motivo polo que se toma a desinencia do infinitivo como indicador de clase mórfica, xa que, en posición átona, a vogal temática está suxeita a determinadas [[neutralización]]s, que levan en certos casos á confluencia da segunda e da terceira conxugacións nun só grupo mórfico,por exemplo, ''coll'''e'''r > coll'''e'''s ante part'''i'''r > part'''e'''s''. Así a todo, o [[verbo]] galego presenta un gran conservadorismo nos seus constituíntes morfolóxicos, ó non se rexistraren moitas das neutralizacións temáticas presentes noutras linguas próximas.
 
Considerando a totalidade dos verbos, regulares e irregulares, pode falarse da existencia de catro conxugacións nas formas nominais e no tema de presente: (1ª - cantar, 2ª - deber, 3ª - vivir, e 4ª - ir, pór), con VTvogal temática /a, e, i, Ø/ respectivamente, fronte a cinco no tema de Perfecto (1ª, cant-a-ra, 2ª deb-[e]-ra, 3ª viv-i-ra, 4ª fo--ra, CV coub-[ę]-ra), coas VTvogais temáticas /a, e, i, Ø, ę/, respectivamente.
 
Considerando a vogal temática do [[tema de presente]] ante a vogal temática das formas do [[tema de perfecto]], tendo en conta os verbos irregulares na [[Normativa oficial do galego - Verbo#Paradigmas dos verbos irregulares|''Normativa oficial do galego'']], podemos distinguir as seguintes clases mórficas:
40.228

edicións