Diferenzas entre revisións de «Vogal temática»

+ datos
(enuso)
 
(+ datos)
Os verbos da terceira conxugación latina (-ĚRE) pasaron a formar parte da segunda (-er) ou da terceira (-ir) romance recompoñéndose o sistema verbal en tres conxugacións:
:*Verbos co infinitivo rematado en -AR ou primeira conxugación
:*Verbos co infinitivo rematado en -ER ou segunda conxugación
:*Verbos con infinitivo rematado en -IR ou terceira conxugación.
 
[[Mattoso Câmara]], ó analizar a flexión verbal do [[Lingua portuguesa|portugués]] afirma que esta clasificación tripartita ''é uma aproximaçáo da realidade. Na verdade, em face de uma 1ª classe, ou conjugaçáo I (CI) há outra classe que em certas formas se divide numa conjugaçáo II (CII) e numa conjugaçáo III (CIII)''<ref>Câmara Jr., J. Mattoso (1982): ''Estrutura da língua portuguesa''. Petrópolis: Vozes, 1982, páx. 105</ref>. Para este lingüísta, o feito de que se escolla o infinitivo é unha convención da descrición, debido a que é "a forma verbal mais indefinida quanto ás noçoes gramaticais'<ref>Câmara Jr., J. Mattoso (1982): ''Estrutura da língua portuguesa''. Petrópolis: Vozes, 1982, páx. 105</ref>.
 
Ó describi-lo verbo galego [[Antón Santamarina]] (1974)<ref>Santamarina, Antón (1974): ''El verbo gallego''. Anexo 4 de Verba. Santiago</ref> salienta que a clasificación en conxugacións se basea na tan frecuente coincidencia dos verbos na desinencia de infinitivo (-ar, -er, -ir), pero o que realmente indica a conxugación á que pertence unha forma verbal ou todo o paradigma é a vogal temática, tónica no infinitivo: /a/ na primeira conxugación /e/ na segunda e /i/ na terceira; velaí o motivo polo que se toma a desinencia do infinitivo como indicador de clase mórfica, xa que, en posición átona, a vogal temática está suxeita a determinadas [[neutralización]]s, que levan en certos casos á confluencia da segunda e da terceira conxugacións nun só grupo mórfico,por exemplo, ''coll'''e'''r > coll'''e'''s ante part'''i'''r > part'''e'''s''. Así a todo, o [[verbo]] galego presenta un gran conservadorismo nos seus constituíntes morfolóxicos, ó non se rexistraren moitas das neutralizacións temáticas presentes noutras linguas próximas.
 
Considerando a totalidade dos verbos, regulares e irregulares, pode falarse da existencia de catro conxugacións nas formas nominais e no tema de presente: (1ª - cantar, 2ª - deber, 3ª - vivir, e 4ª - ir, pór), con VT /a, e, i, Ø/ respectivamente, fronte a cinco no tema de Perfecto (1ª, cant-a-ra, 2ª deb-[e]-ra, 3ª viv-i-ra, 4ª fo--ra, CV coub-[ę]-ra), coas VT /a, e, i, Ø, ę/, respectivamente.
[[Imaxe:Clases mórficas do verbo galego.png|center|thumb|666px|Clases mórficas do idioma galego]]
 
==A vogal temática nos verbos regulares==
Hai tres conxugacións regulares atendendo á vogal temática: ''andar'', ''coller'' e ''adquirir'' pois en posición tónica hai tres vogais temáticas: /a/ para a primeira conxugación, /e/ para a segunda, /i/ para a terceira. Non acontece o mesmo en posición átona, ou en certos contextos, xa que teñen lugar [[neutralización]]s ou outras variacións de fipo fonolóxico. Débese tamén considerar que a tripla oposición entre /a/-/e/-/i/ desaparece na primeira, segunda e terceira persoas do singular do perfecto e mais en todo o imperfecto de indicativo.
 
[[Image:Verbo regular gl morfemas.jpg|center|thumb|555px|Estrutura dos verbos regulares]]
NaN<references/>
 
===Observacións ó gráfico===
#En verbos como ''ler'' e ''rir'' a vogal temática é absorbida pola vogal do radical nestas formas: ''le-s, le, ri-s, ri.''
#Naquelas formas en que queda en posición átona postónica, a vogal temática da segunda e terceira conxugación neutralízase en /E/, fronte á vocal /a/ da primeira conxugación: Presente de indicativo (''fal-a-s, fal-a, fal-a-n'' / ''com-e-s, com-e, com-e-n; part-e-s, part-e, part-e-n'') e imperativo: ''fal-a / com-e, part-e.''
#A terceira persoa do [[pretérito de indicativo]] é /O/ ante a [[semivogal]] posterior /w/ (fal-o-u), aínda que para esta persoa na [[lingua estándar]] e en parte do territorio lingüístico galego se constata unha tripla oposición: ''fal-o-u / com-e-u / part-i-u'', considérese a presenza de dúas variantes dialectais na lingua galega: ''and-o-u / coll-e-u, part-e-u,'' ou ''and-o-u / coll-i-u, part-i-u''.
#Todo o [[copretérito de indicativo]], a primeira e segunda persoa do singular do pretérito de indicativo e o [[participio]] establecen a oposición entre /a/ para a primeira conxugación e /i/ para asegunda e terceira: and-a-do / coll-i-do, part-i-do; and-a-ba / coll-í-a, part-í-a; and-a-ches / coll-i-ches, part-i-ches; and-e-i / coll-í-n, part-í-n.
#Nalgunhas falas do [[Salnés]] e da [[ría da Arousa]], as tres conxugacións conflúen nunha mesma VT para a P1: ''and-í-n, coll-í-n, part-í-n''.
#Pódese achar dialectalmente unha tripla diferenciación na segunda persoa do singular do pretérito de indicativo (''and-a-ches / coll-e-ches / part-i-ches'').
#Hai [[Participio|participios atemáticos]], como ence-Ø-so, vol-Ø-to, mor-Ø-to, aber-Ø-to, enxoi-Ø-to, mu-Ø-do, na-Ø-do.
 
 
==Referencias==
NaN<references/>
==Véxase tamén==
*[[Constituíntes verbais]]
*[[b:Curso de lingua galega/O verbo|O verbo]] no [[b:Curso de lingua galega|Curso de lingua galega]] (Wikibooks)
 
==Bibliografía==
*Álvarez, R., Monteagudo, H., Regueira, X. L. (1995 [1986): ''Gramática Galega'', Vigo. Galaxia, 1995
*Câmara Jr., J. Mattoso (1970): ''Problemas de linguística descritiva''. Petrópolis: Vozes, 19703
*Câmara Jr., J. Mattoso (1982): ''Estrutura da língua portuguesa''. Petrópolis: Vozes, 198211
*Díaz Regueiro, M. (1 992): ''Os verbos galegos'', Santiago: Xunta de Galicia.
*Femández Re¡, F. (1978/1979): ''O verbo. Contribución á dialectoloxía galega''. 2 vol. Tese de Doutoramento. Univ. de Santiago.
*Femández Re¡, F. (1991 [1986]): "Conservadurismo e innovación no sistema de desinencias verbais do galego: o perfecto", in D. Kremer (ed.): ''Actes du XVIII Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes'' (Université de Trier, 1986). Vol. 3. Tübingen: Max Niemeyer, 1991, pp. 632-644.
*Femández Rei, F.: "Vocal temática e conxugación verbal. A expresión da clase mórfica en español, catalán e galego moderno", in Homenaxe ó profesora Pilar Vázquez Cuesta Santiago: Universidade.
*Instituto da Lingua Galega (1990): ''Atlas Lingüístico Galego''. Vol. 1: Morfoloxía verbal. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza.
*Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (1995 [1982]): ''Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego''. Santiago: ILG / RAG, 199512.
*Nicolás, R. (1993): ''Diccionario dos verbos galegos''. Pontevedra: 0 Cumio.
*Piel, J. M. (1944): "A flexao verbal em portugês", separata de'' Biblos 20''.
*Pontes, E. (1 9732): ''Estrutura do verbo no português coloquial''. Petrépolis: Vozes.
*Santamarina, A (1974): ''El verbo gallego''. Anexo 4 de Verba. Santiago.
[[Categoría:Morfosintaxe]]
40.228

edicións