Partido Republicano Radical: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''[[Partido Republicano Radical]]''' foi un dos primeiros partidos republicanos presentes en [[Galicia]], tiña unha importante militancia nas cidades de [[Pontevedra]], dirixido por [[Gerardo AbadEmiliano CondeIglesias]], e [[A Coruña]], dirixido por [[EmilianoGerardo IglesiasAbad Conde]], tamén a fins da ditadura de Primo de Rivera consegue unha certa base agraria grazas a entrada dun xa dereitizado [[Basilio Álvarez]] no partido.
 
Participou na formación da [[Federación Republicana Gallega]], o PRR representaba en Galicia os intereses da burguesía e ata a proclamación da II República carecía dunha estrutura galega propia e logo conforma un Comité Rexional. Tras a saída da FRG, o PRR comezou unha campaña de rivalidade coa ORGA e presentouse en solitario para as eleccións a Cortes Constituíntes, agás na provincia de Pontevedra na que Emiliano Iglesias concorriu na coalición republicano-socialista. O PRR conseguiu 11 escanos converténdose na segunda forza política de Galicia, nas Cortes os seus deputados galegos desenvolveron unha política antiautonomista e conservadora. Despois das eleccións de 1933 con 15 escanos converteuse na principal forza política de Galicia, converténdose un baluarte das políticas máis conservadoras e antiautonistas no seo do republicanismo. En 1934 con [[Diego Martínez Barrio]] marcharon do partido boa parte dos militantes galegos que organizaron a organización galega da [[Unión Republicana]].