Distopía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maañón (conversa | contribucións)
Maañón (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{enuso}}
Unha '''distopía''' ou '''antiutopía''' é o pensamento, a [[filosofía]] ou o proceso discursivo baseado nunha [[ficción]] cuxo valor representa a [[antítese]] da [[Utopía (socioloxía)|utópica]] ou promove a vivencia nunha "[[utopía]] negativa"<ref> JACOBY, Russell. '''Imagem Imperfeita:''' Pensamento Utópico para uma Época Antiutópica. Rio de Janeiro: Civilização Brasileira, 2007, p. 31.</ref>. Están xeralmente caracterizadas polo [[totalitarismo]], [[autoritarismo]], cun control opresivo da [[sociedade]]. Nas distopías, frecuentemente emprazada nun [[futuro]] próximo, as tendencias sociais lévanse a extremos onde a sociedade, tida como perfecta, utópica, móstrase [[corrupción|corruptíbel]], e as normas creadas para o ben común móstranse flexíbeis. Con iso, a tecnoloxía, as innovacións que aparentemente farían desas sociedades perfectas, acaban por tornarse medios de control, ben pertencentes ao [[Estado]], a institucións ou mesmo a corporacións empresariais.
 
== Orixe e significado==
 
O primeiro uso coñecido da palabra distopía apareceu nun discurso ao [[Parlamento Británico]] por [[Gregg Webber]] e [[John Stuart Mill]] en [[1868]]<ref name="Mill"> [http://hem.passagen.se/replikant/dystopia_timeline.htm Exploring Dystopia], accedido o 19 de marzo de 2006. Véxase tamén [http://books.google.com/books?ie=UTF-8&vid=ISBN157181440X&id=3ye0vWc85eYC&pg=PA230&lpg=PA230&dq=John+Stuart+Mill+dystopia+1868&sig=YesYZ8kSJZhhi2NdHdOQdZ0nDTk]</ref>. Nese discurso, Mill dixo; ''"É, probabelmente, demasiado eloxioso chamarlles utópicos; deberían en vez diso chamarse dis-tópicos, ou caco-tópicos. O que é comummente chamado [[utopía]] e bon demais para ser practicábel; pero o que eles parecen defender é malo demais para ser practicábel."'' O seu coñecemento do [[grego antigo]] suxire que Mill se refería a un lugar malo, en vez dun oposto de utopía. O prefixo [[lingua grega|grego]] "dis" ou "dys" ("δυσ-") significa "malo", "anormal", "estraño", a palabra grega "topos" ("τόπος"), significa lugar e o grego "ou-" ("ου") significa "non". Así, utopía significa aproximadamente "ningures", mentres que distopía significa "lugar malo".
 
== Introdución ==
As distopías son frecuentemente creadas como avisos, ou como [[sátira]]s, mostrando unha [[extrapolación]] ao límite das actuais convencións sociais e limites. Nese aspecto, difiren fundamentalmente do concepto de utopía, pois as utopías son sistemas sociais idealizados e non teñen raíces na nosa sociedade actual, figurando noutra época ou tempo ou despois dunha gran descontinuidade histórica.
 
Unha distopía está conectada intimamente coa sociedade actual. Un número considerábel de historias de ficción científica que ocorren nun futuro próximo do tipo descritas como "[[cyberpunk]]", usan padróns distópicos dunha compañía de alta tecnoloxía dominando un mundo en que os gobernos nacionais se tornaron débiles.
 
== Trazos comúns dunha sociedade distópica ==
 
A maioría das distopías teñen algunha conexión co noso mundo, mais frecuentemente nun futuro imaxinado ou un mundo paralelo. Alén diso, a distopía é causada a consecuencia da acción ou da falta de acción humana, dun mal comportamento ou da estupidez.