Catalán na Franxa de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: {{enuso}} A lingua catalá é o que define a propia existencia da Franxa de Aragón, o territorio de Aragón onde o catalán é a lingua propia, historicamente a lingua de ...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de febreiro de 2008 ás 13:58

A lingua catalá é o que define a propia existencia da Franxa de Aragón, o territorio de Aragón onde o catalán é a lingua propia, historicamente a lingua de uso habitual. O castelán, a lingua oficial, era a lingua de uso habitual dunha pequena minoría constituída por membros de profesións liberais e da funcionarios da administración central non nacidos na zona, a imnigración procedente de terras de lingua castelá tan só tiña importancia en Fraga, así e todo o castelán era a única lingua empregada nos ámbitos formais e escritos, mantendo hoxe o seu predominio fronte ao catalán.

Historia

O catalán era xunto ao aragonés e o castelán unha das linguas nas que se redactaba a documentación administrativa no Aragón medieval, e de feito o uso do catalán nos documentos oficiais e eclesiásticos mantívose ata o século XVII nas comarcas de lingua catalá pero acabou por ser totalmente substituído polo castelán. A Renaixença non tivo repercusión no Aragón oriental. A partir dos anos sesenta do século XX a emigración cara as zonas industrializadas de Cataluña comeza a ser significativa e ao tempo comeza a xurdir unha elite cultural formada nas universidades españolas, nestes dous grupos van ser onde xurdan as primeiras voces de defensa da lingua catalá da zona.