Retórica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lmbuga (conversa | contribucións)
redacto de novo un parágrafo e engado ligazón
Liña 1:
Lausberg, no seu Manual de Retórica Literaria, define esta como a arte ou a técnica que consiste na sistematización e explicitación do conxunto de instruccións ou regras que permiten a construcción dunha clase de discursos que son codificados para influír persuasivamente no receptor. Debemos ademais de entender por retórica a ciencia que se ocupa do estudo de ditos recursos nos seus diferentes aspectos.
 
A retórica como ciencia atende tanto á organización textual como ás relacións que dita organización posúe co orador, o público, o referente e o contexto comunicativo. Esta realidade fai necesario distinguir entre o [[texto]] ou [[discurso]] retórico, por unha banda, e o feito retórico, pola outra. A totalidade do feito retórico foi sistematizada atendendo a dous eixos básicos: un vertical (que recolle as operacións de producción teórica desde estructuras referenciais e subxacentes a estructuras manifestas) e outro horizontal (recolle a estruturación do texto en diferentes partes) como se aprecia no seguinte esquema:
 
*A composición do texto ou discurso retórico desenvólvese por medio dos seguintes procedementos ou fases: [[Intelectio]], [[inventio]], [[dispositio]], [[elocutio]], [[memoria]] e [[actio]].
::::::[[actio]]
*O feito retórico, o acto oratorio ante o auditorio te as seguintes partes:[[Exordium]] (presentación), [[narratio]] (exposición), [[argujentatio]] (argumentación), [[peroratio]] (conclusión con finalidade conativa)
::::::[[memoria]]
::::::[[elocutio]]
::::::[[dispositio]]
:[[Exordium]]/[[Narratio]]
::::::::::[[Argumentatio]]/[[Peroratio]]
::::::[[inventio]]
::::::[[intelectio]]
 
Historicamente, a Retórica é a disciplina clásica do discurso, e ten, ademais, unha función pragmática: convencer ó [[interlocutor]] de que unha causa é xusta. Mais a retórica evolucionou moito desde [[Aristóteles]]. Hoxe en día, desde unha perspectiva estilística e lingüística, obsérvase un renovado interese, que pretende a consecución dunha retórica xeral que teña como obxecto todo [[texto]], as estructuras extratextuais asociadas, a explicación da complexa producción do discurso e o seu tratamento artístico.
 
Se só nos preocupa o texto literario, a disciplina que se basea na adecuación do instrumental retórico para o estudio literario e do feito literario como fenómeno de producción e recepción social, denomínase [[poética]].
 
===Ligazóns relacionadas===
*[[estilística]]
 
[[category:Lingüística]]