Igrexa de San Martiño de Rebordelo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
Nova páxina: A '''igrexa de San Martiño de Rebordelo''' é a igrexa parroquial de Rebordelo, parroquia do concello [[provincia de Pontevedra|ponte...
 
Lansbricae (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''igrexa de San Martiño de Rebordelo''' é a [[igrexa (arquitectura)|igrexa]] parroquial de [[Rebordelo, Cotobade|Rebordelo]], [[parroquia]] do concello [[provincia de Pontevedra|pontevedrés]] de [[Cotobade]].
 
A igrexa actual é de feitura moderna agás a [[ábsida]] da construción [[arquitectura románica|románica]] primitiva, que na actualidade se atopa pegada ao [[muro]] oriental do templo e utilízase como [[sancristía]].
 
Esta çabsidaábsida románica non presenta cara o exterior contrafortes nin conserva a cornixa. O muro testeiro ábrese unha saeteira e no muro piñón conserva unha representación escultórica dun enorme lagarto e sobre el unha cruz moderna.
 
Ábrese o muro setentrional cunha moderna [[porta]] [[lintel|alintelada]].
 
No interior ábrese por medio dun [[arco (arquitectura)|arco]] trunfal lixeiramente apuntado e que se apoia sobre un par de [[columna (arquitectura)|columnas]] (das que só se conserva a meridional). Só consevaconserva un [[capitel]] que presenta decoración vexetal e ábaco con bolas na [[nacela]].
 
A tipoloxía decorativa fai pensar que se trata dunha obrobra de principios do [[século XIII]], xunto cos restos do [[carneiro místico]] que é moi similar ao da [[igrexa de Santa María de Sacos]].
 
==Véxase tamén==