Diferenzas entre revisións de «O Castro de Ouro, Alfoz»

m
Robot: Reemplazo automático de texto (-seculo +século )
(modelo parroquia e mapas)
m (Robot: Reemplazo automático de texto (-seculo +século ))
==Monumentos==
Tres atractivos localizamos nesta parroquia: dous monumentos e unha finca de paso turístico.
* Na aldea de Castro de Ouro encontrase a '''Igrexa parroquial de San Salvador do Castro de Ouro''', que é un templo orixinal datado do seculoséculo XV; foi a capela do restaurado [[castelo de Castrodouro]] (que nun principio ocupou a Casa Consistorial e que actualmente ocupa unha arquiveria, museo e segue facendo as veces de Casa Consistorial, xa que esta foi traspasada á vila da Seara, na cal funciona dende o ano 1990). A igrexa foi reedificada con posteridade, ten unha soa nave con arco triunfal de medio punto, capela maior cunha xanela de finais do seculoséculo XV, a sacristía adosada nun lateral e un sinxelo pórtico. Nun muro lateral encontrase unha lápida gótica con inscripción e as figuras de Cristo, a Virxe, San Xoán e dous anxos. Ten a existencia unha pintura mural da Piedade de finais do século XIV, e un caliz de prata do ano 1573. A fachada principal ten porta con arco adintelado e unha espadaña de dous corpos. No interior conservanse retablos con esculturas.
 
*Dirixíndonos desde [[O Valadouro|Ferreira]] en dirección a Mondoñedo, tras uns 4 Kms encontrámonos nunha longa recta, chamada ás veces A Seara -que realmente é un lugar da parroquia de Mor- e case ao final da mesma encontramos un cruzamento; se collemos á esquerda xa nos situamos na parroquia do Castro ou do Castro de Ouro. Nesta parroquia do Castro destaca a [[Castelo de Castrodouro|torre de Castrodouro]], a cal foi levantada sobre un antigo castro celta, e domina o val que rega o río Ouro. Hai quen di que neste simbólico monumento foi preso o Mariscal despois de tres anos de loita contra os enviados dos Reis Catolicos. Antigamente foi propiedade do bispado de [[Mondoñedo]], que a perdeu por causa do mariscal e posteriormente a volveu recuperar. Foi restaurada a mediados do século XVI para convertela en Cámara do Bispo e abandonada anos máis tarde. O concello restaurouna a principios do século XX para facer dela a Casa Consistorial, o xulgado e unha escola para nenos. Con tempo foi quedando para a casa do Concello e no 1990, co traslado del ao lugar da Seara, quedou convertida no Museo do Mariscal. Da antiga fortaleza de estilo gótico consérvanse hoxe a '''Torre da Homenaxe''', a capela e restos das murallas, con partes visibles de fosos e contrafosos.
A Torre é de construción cúbica de tres plantas construida en sillería de granito e coroada por almenas. A planta baixa ten como acceso unha porta arqueada flanqueada por 2 xanelas xeminadas. Nos pisos superiores hai unha fila de tres xanelas xeminadas en cada un. Nos laterais repitese o modelo de ventá, tanto na planta baixa como no primeiro piso. No segundo piso a xanela é adintelada. Está baixo a protección da Declaración xenérica do Dereito do 22 de abril do 1949, e a Lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico Español.
 
* Volvendo á aldea do Castro de Ouro e próxima á Torre que acabamos de lembrar, encontrámonos coa '''Finca Galea''', tamen coñecida como o '''Museo da Auga'''. O citado museo encontrase situado nun pazo do seculoséculo XVIII e reconvertido nunha fermosa casa de turismo rural. Toda a finca foi pensada e deseñada coma lugar de repouso. Con xardins que rodean o pazo e un [[muíño]] reconstruido; o batán e unha sinxela capela a caron do pazo. O pazo esta acondicionado con todas as comodidades para a hospedaxe. Dispon dunha lareira tradicional cos utensilios. Un pontigo de madeira cruza as augas do rio Ouro e dá acceso ao vello muiño e o batán que, nun tempo atrás, se utilizaba para clarexar e suavizar as pezas de liño. O río cruza esta fermosa paisaxe de abundante vexetación con plantas e flores de orixe exótica. Podese percorrer o Paseo dos Caladiños, o Camiño Feiticeiro e chegar até o merendeiro de [[Filipe II]].
 
 
505

edicións