Adelán, Alfoz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Robot: Reemplazo automático de texto (-mampostería +cachotería)
m Robot: Reemplazo automático de texto (-seculo +século )
Liña 23:
Nesta parroquia existen varios monumentos que se poden visitar (aínda que algúns é necesario concerta-la visita antes de efectuala). O primeiro está situado na aldea do Coto. É a '''Capela dos Remedios e de San Rosendo'''. Esta capela ten unha soa nave, coa sancristía na parte posterior e con cuberta a dúas augas; arco adintelado na entrada e culminando a fachada, unha pequena espadana dun vano. No interior hai retablo con esculturas.
 
Os seguintes tres monumentos atópanse na aldea da Igrexa. O primeiro deles é a '''Igrexa parroquial de Santiago de Adelán'''. A igrexa actual é o fruto dunha serie de intervencións ao longo dos seculos. Do [[século XII]] consérvanse algúns elementos, aínda que a parroquia xa existía no [[século VII]] (outras testemuñas din que hai documentos que tamén se refiren á parroquia de San Vicente de Lagoa do mesmo século) e hai autores que datan a portada no seculoséculo X, pero o resto da construción é do [[século XVII]]. Ten tres naves separadas por arcos de medio punto e a sacristía situada detrás da cabeceira. A fachada principal conserva a portada románica, con arco de medio punto con duas arquivoltas e columnas con capiteis figurativos; son curiosas as [[base (arquitectura)|bases]], que son en realidade [[capitel|capiteis]] invertidos, o que fai cavilar na reutilización de elementos arquitectónicos anteriores. Ten espadaña de dous vanos e conservanse retablos no interior.
 
O segundo dos monumentos é a '''Torre de Adelán''', á que podemos acceder desde Burela dirixindonos a Ferreira e desde aquí en dirección a Mondoñedo. A 6,5 Kms está Adelán. Aquí debemos acercarnos pola estrada de Mondoñedo até o ramal que vai en dirección Carballido e Santo Acisclo, e a 50 metros está o Pazo. Ao estar en propiedade privada non é visitable. Axardinado e cercado, cun muro de pedra a entrada cunha enmarcadura na porta dun arco. Encontrase nas proximidades da Igrexa Parroquial. Posúe dous corpos: un cadrangular con cuberta a catro auguas e con solaina de pedra, e o outro constituido por diversas pezas almenadas que representan a Torre. Empregouse cantería na torre e nunha fachada principal. A construción é sólida, perfectamente coidada cun Escudo da familia.