Centros clandestinos de detención: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 78:
O '''''Campito''''' foi o principal campo de concentración utilizado polo exército. Tamén era coñecido como '''''"Los Tordos''"'''. Funcionou en [[Campo de Mayo]] ([[San Miguel (partido)]], [[Gran Bos Aires]], [[Provincia de Bos Aires]]), a máis importante guarnición militar de Arxentina entre [[1975]] e [[1982]]. Por alí pasaron uns 5.000 detidos. '''Só 43 sobreviviron.'''
 
[[Campo de Mayo]] é unha enorme área militar de 5000 ha, a 30 km do centro da [[Cidade de Bos Aires]]. Situado preto das cidades de [[San Miguel (Bos Aires)|San Miguel]] e [[Villa Mayo]], na zona onde se cruzan a [[Ruta Nacional 8 (Arxentina)|Ruta Nacional 8]] e a Ruta Provincial 202 ({{Coor dm|34|32|S|58|3940|W|}}), que o bordean. No Hospital Militar de Campo de Mayo funcionou un sistema de [[parto]]s clandestinos.
 
En Campo de Mayo, de marzo de 1976 a 1980 funcionaron catro CCD: o ''Campito'', "la Casita" ou "las Casitas", a Prisión Militar de Encausados, e o Hospital Militar.