Centros clandestinos de detención: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Artigo principal
arranxos
Liña 12:
==Panorama xeral==
[[Imaxe:Club Atlético.JPG|300px|thumb|Excavación do ex Centro clandestino de detención Club Atlético, Paseo Colón 1200, Cidade de Bos Aires]]
Os primeiros CCD foron instalados en 1975, antes do [[Guerra sucia en Arxentina|golpe militar do 24 de marzo de 1976]]. Nese ano xa estaban en funcionamento [[Centros_clandestinos_de_detenci%C3%B3n#Escuelita_de_Famaill.C3.A1|''la Escuelita'']] en Faimallá (Tucumán) e [[Centros_clandestinos_de_detenci%C3%B3n#O_Campito_Campito_.28Campo_de_Mayo.29|''O Campito'']] (Provincia de Bos Aires). Tamén en 1975 funcionou un CCD na planta da empresa [[Acindar]] en [[Villa Constitución]], presidida por [[José Alfredo Martínez de Hoz]], como parte da estrutura represiva organizada para conter a folga declarada polo sindicato [[UOM]] en maio dese ano<ref>[http://old.pagina12web.com.ar/2000/suple/especial/nota1.htm ''Los dueños de la espada'', por Miguel Bonasso, Páxina 12, 2000]</ref>.
 
En [[1976]] chegaron a existir 610 CCD, pero moitos deles foron temporais e circunstanciais. Logo dos primeiros meses posteriores ao golpe de estado, a cifra estabilizouse en 364 CCD. En [[1977]] a cantidade reduciuse a 60. En [[1978]] hai 45 CCD, e para [[1979]] os centros chegaron a 7. En [[1980]] quedaban dous: a ESMA e o Campito ([[Campo de Mayo]]). En 1982 e 1983 a ESMA era o único campo de concentración que seguía sendo utilizado<ref>Seoane 2001, 227/228</ref>.
Liña 18:
En [[Bos Aires]] houbo 60 centros, na [[provincia de Córdoba (Arxentina)|provincia de Córdoba]] 59 e na [[Provincia de Santa Fe|Santa Fe]] 22.
 
Cinco grandes centros foron o eixe de todo o sistema: a [[ESMA]] e o [[Club Atlético]] na [[Cidade de Bos Aires]]; o [[Campito]] (Campo de Mayo) e [[oEl Vesubio]] no Gran Bos Aires ([[Provincia de Bos Aires]]); e a [[La Perla (centro de detención)]] en [[Córdoba (Arxentina)|Córdoba]].
 
A pesar das súas diferenzas, os CCD foron organizados cunha estructura e un réximen de funcionamiento similar. Todos os CCD contaban cunha ou máis sás de torturas, amplios espazos para manter aos desaparecidos sempre en condicións de gran precariedade, e un centro de vivendas para os torturadores e gardas. Case todos tiñan algún tipo de servizo médico. Nalgunhos casos houbo servizos relixiosos permanentes para o persoal militar.
Liña 35:
 
==Cidade de Bos Aires==
=== ALa ESMA===
[[Imaxe:ESMA 3.JPG|thumb|200px|left|A ESMA]]
{{Artigo principal|Escuela Superior de Mecánica de la Armada}}
Liña 47:
O [[24 de marzo]] de [[2004]] o presidente [[Néstor Kirchner]] e o Xefe de Goberno da Cidade de Bos Aires [[Aníbal Ibarra]] asinaron un "Acordo entre o Estado nacional e a Cidade Autónoma de Bos Aires para a construción do espazo para a memoria e para a promoción e defensa dos dereitos humanos no predio da ESMA" que quedou rexistrado baixo o Nº 8/04. A decisión foi anunciada nun acto masivo, no que se abriron as portas de Escuela de Mecánica de la Armada.
 
===OEl Olimpo===
[[Imaxe:El Olimpo.jpg|thumb|320px|right|"OEl Olimpo" funcionou entre [[1978]] e [[1979]]]]
 
'''''"OEl Olimpo"''''' foi un centro clandestino de detención situado no oeste da cidade de [[Bos Aires]], barrio de [[Floresta (Bos Aires)|Floresta]] entre as rúas Olivera, Ramón Falcón, Lacarra, Fernández e Rafaela ({{Coor dm|34|38|S|58|29|W|}}). O centro tiña na entrada un cartel que dicía ''"Bienvenido al Olimpo de los Dioses. Los Centuriones"''. O centro só funcionou durante seis meses, de agosto de [[1978]] a xaneiro de [[1979]], porén alí foron aloxados 700 detidos dos cales sobreviviron 50<ref>[http://www.elpais.es/articulo/elpepspor/20060101elpepspor_4/Tes/ "El Olimpo del horror", El País 1/1/2006]</ref>.
 
Este centro clandestino dependía de [[Guillermo Suárez Mason]] (alcumado ''o carnicero do Olimpo''), comandante do I Corpo do Exército Arxentino. O responsábel do campo foi o Maior do Exército [[Guillermo Minicucci]], e del dependían tamén oficiais da Policía Federal Arxentina como [[Julio Simón]] (alcumado "o Turco Julián") e [[Juan Antonio del Cerro]] alcumado "Colores").
Liña 60:
Coa chegada da democracia o edificio pasou a mans da Policía Federal Arxentina, e foi convertido nun centro de verificación automotor. O predio foi declarado ''sitio histórico'' mediante a Lei 1197 da [[Lexislatura da Cidade de Bos Aires]], e en xuño de [[2005]] foi traspasado ao Goberno da Cidade de Bos Aires en cumprimento do acordo asinado entre o Presidente [[Néstor Kirchner]] e o Xefe de Goberno [[Anibal Ibarra]] o [[4 de outubro]] de [[2004]]<ref>[http://www.buenosaires.gov.ar/_contenido.php?menu_id=9126 Informe sobre o traspaso do predio ao GCBA 4/10/2004]</ref>. En [[2006]], o Goberno da Cidade de Bos Aires xunto con organizacións veciñais e de dereitos humanos avaliaron o futuro uso do predio. En [[1999]] realizouse unha película co nome de "[[Garage Olimpo]]", dirixida por Marco Bechis<ref>[http://www.cineismo.com/criticas/garage_olimpo.htm Crítica de "Garage Olimpo" (1999)].</ref>.
 
===El Club Atlético===
[[Imaxe:Club Atlético.JPG|200px|thumb|Excavación do ex Centro clandestino de detención El Club Atlético, Paseo Colón 1200, Cidade de Bos Aires]]
 
'''''"OEl Club Atlético"''''', ''El Club'' o ''El Atlético'' foi un centro clandestino de detención situado no sur da cidade de [[Bos Aires]], próximo ao barrio de [[La Boca]] na Avenida Paseo Colón 1200. Recibiu ese nome por estar situado nas proximidades do Club Atlético Boca Juniors.
 
Tratábase dun edificio público que foi demolido para construír a autopista 25 de Maio. Con posterioridade atopáronse as súas ruínas e o Goberno de Bos Aires comezou a realizar as excavacións necesarias para recuperalo como espazo de memoria.
 
==Provincia de Tucumán==
=== Escuelita de Famaillá===
Á escuelita de [[Famaillá]] correspondeulle o triste privilexio de constituírse no iniciador da experiencia dos campos de concentración no país.
 
Liña 74:
 
==Provincia de Bos Aires==
===O Campito===
{{Artigo principal|Campito|O Campito}}
O '''''O Campito''''' foi o principal campo de concentración utilizado polo exército. Tamén era coñecido como '''''"OsLos Tordos''"'''. Funcionou en [[Campo de Mayo]] ([[San Miguel (partido)]], [[Gran Bos Aires]], [[Provincia de Bos Aires]]), a máis importante guarnición militar de Arxentina entre [[1975]] e [[1982]]. Por alí pasaron uns 5.000 detidos. '''Só 43 sobreviviron.'''
 
[[Campo de Mayo]] é unha enorme área militar de 5000 ha, a 30 km do centro da [[Cidade de Bos Aires]]. Situado preto das cidades de [[San Miguel (Bos Aires)|San Miguel]] e [[Villa Mayo]], na zona onde se cruzan a [[Ruta Nacional 8 (Arxentina)|Ruta Nacional 8]] e a Ruta Provincial 202 ({{Coor dm|34|32|S|58|39|W|}}), que o bordean. No Hospital Militar de Campo de Mayo funcionou un sistema de [[parto]]s clandestinos.
 
En Campo de Mayo, de marzo de 1976 a 1980 funcionaron catro CCD: ''o ''Campito'', "ala Casita" ou "aslas Casitas", a Prisión Militar de Encausados, e o Hospital Militar.
 
[[Imaxe:Mural - Desaparecidos madre e hijo.jpg|180px|thumb|Mural frente ao CCD Club Atlético]]
O centro estivo baixo a área de mando do Comando de Institutos Militares, que na época do seu funcionamento estivo a cargo dos xenerais Santiago Omar Riveros, José Montes, Cristino Nicolaides e [[Reynaldo Benito Bignone]]. ''O ''Campito'' estivo dirixido directamente polo tenente coronel Jorge Vosso, en tanto que o maior médico Julio César Caserotto foi xefe do servizo de Maternidade do Hospital Militar.
 
O Hospital Militar de Campo de Mayo foi detectado como un dos centros en que se realizaban [[Parto#Detidas_clandestinas|partos clandestinos de prisioneiras]], para proceder logo ao secuestro dos nenos, a supresión da súa identidade e a entrega dos mesmos, usualmente a matrimonios integrados por militares que non podían ter fillos. En moitos casos os "pais adoptivos" foron partícipes dos asasinatos dos pais e nais biolóxicos dos nenos.
Liña 92:
A partires do establecemento da democracia en [[1983]], presentáronse proxectos para establecer alí un [[polo industrial]], crear centros de estudos terciarios e universitarios, mantelo como [[reserva ecolóxica]], etc.
 
===OEl Vesubio===
'''''OEl Vesubio''''' foi un centro clandestino de detención utilizado polo Exército que estaba situado no Gran Bos Aires, na localidade de [[La Tablada]] (Partido da Matanza), cerca do cruzamento do Camiño de Cintura coa [[Autopista Riccheri]] que leva ao [[Aeroporto Internacional Ministro Pistarini]], nun terreo do Servizo Penitenciario Federal. "''Empresa OEl Vesubio"'' era o nome crave que utilizaban para referirse ao mesmo as forzas represivas. Comezou a funcionar en [[1975]] sendo utilizado pola [[Triple A]], antes do golpe de estado, co nome de "''A Ponderosa"'' e deixou de funcionar en [[1978]]<ref>CONADEP, ''Nunca Más'', EUDEBA, 1985</ref>. Entre desaparecidos e sobrevivintes ao menos 400 persoas estiveron detidas alí <ref>[http://www.pagina12.com.ar/diario/elpais/1-64992-2006-03-31.html ''Ocho represores presos por El Vesubio'', Páxina 12, 31 de marzo de 2006]</ref>.
 
Estaba na Zona Militar Nº 1, baixo xurisdicción do I Corpo de Exército ao mando do Xeneral [[Carlos Guillermo Suárez Mason]], quen visitaba periódicamente o campo, e directamente a cargo da Central de Reunión de Intelixencia (CRI) do Rexemento 3 da Tablada, baixo o mando do Coronel [[Federico Minicucci]]. Alí tamén operaban os coroneis [[Juan Bautista Sasiain]] e [[Franco Luque]]. O Xefe do Vesubio fora o Maior [[Pedro Alberto Durán Saenz]].
Liña 111:
===A Mansión Seré===
{{Artigo principal|Mansión Seré}}
A '''''A Mansión Seré, Quinta de Seré, ou Atila''''' foi un centro clandestino de detención (CCD) que funcionou nunha casa antigua de dúas plantas, situada na rúa Blas Pareras no límite entre as localidades de [[Castelar]] e [[Ituzaing%C3%B3_%28Bos_Aires%29|Ituzaingó]], Partido de [[Mor%C3%B3n_%28partido%29|Morón]], [[Provincia de Bos Aires]].
 
Entre [[1977]] e [[1978]], o lugar funcionou como centro clandestino de detención baixo a xurisdicción da Forza Aérea con asistencia da Policía Bonaerense de Castelar.
Liña 120:
 
==Provincia de Córdoba==
=== La Perla===
[[Imaxe:Acto recuperación de La Perla (Córdoba)(interiores)-24MAR07-Autor Martín Gaitán(9).jpg|thumb|150px|left|Interior de ''La Perla'']]
{{Artigo principal|La Perla (centro de detención)}}
Liña 128:
 
''La Perla'' foi instalado en [[1975]], antes do [[Proceso de Reorganización Nacional|golpe militar do 24 de marzo de 1976]] e foi desmontado en [[1979]].
[[Imaxe:Acto recuperación de La Perla (Córdoba)-24MAR07-Autor Martín Gaitán(7).jpg|thumb|250px|[[León Gieco]] canta en ''[[CCD aLa Perla|La Perla]]'' o [[24 de marzo]] de [[2007]], día da súa recuperación para construir un ''[[memoria histórica|espazo de memoria]]'']]
 
Estaba dentro da ''Zona Militar 3 baixo'', a cargo do ''III Cuerpo de Exército'' baixo o mando do xeneral [[Luciano Benjamín Ménéndez]], quen inspeccionaba frecuentemente o CCD; o xeneral Sasaian foi o seu segundo ao mando e o coronel César Emilio Anadón, estivo ao mando directo de ''La Perla''.
Liña 214:
 
===Outros artigos===
*[[Guerra sucia en Arxentina]]
*[[Proceso de Reorganización Nacional]]
*[[Desaparecidos pola ditadura arxentina]]
*[[Lista de centros clandestinos de detención (Arxentina)]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.nuncamasdesaparecidos.org/ccdarg/ccdprincconadep/nuncamas/nuncamas.htmhtml Informe Nunca Más]
* [http://www.derhuman.jus.gov.ar/espacioparalamemoria/ Secretaría de Dereitos Humanos da Nación Arxentina; ESMA: espazo para a memoria]
 
[[Categoría:Historia de Arxentina]]
[[Categoría:Desaparición forzada de persoas]]
[[Categoría:Tortura]]
 
[[es:Centro clandestino de detención]]