Valinor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Manudosde (conversa | contribucións)
Liña 3:
==Xeografía e habitantes==
 
Valinor é o lar dos Valar, dos seus servos anxelicais (os [[Maiar]]) e de parte dos [[Elfo]]s. O mar que se estende ao oeste da illa chámase [[Ekkaia]], ou Mar Circundante, e rodea tanto a Valinor como á [[Terra Media]].
 
Cada un dos Valar ten alí a súa propia rexión na que residir e alterar as cousas ao seu antollo. As Mansións do máis poderoso dos Valar, [[Manwë]], e da súa esposa [[Varda]], están situadas en [[Taniquetil]], a máis alta das Montañas [[Pelóri]]. [[Yavanna]], a Valië da natureza, o crecemento e as colleitas, vive nos Pasteiros de Yavanna, ao sur da illa. Preto de alí están as Mansións de [[Aulë]], o ferreiro dos Valar, esposo de Yavanna e quen creou aos Ananos. [[Oromë]], o Vala da caza, reside nos Bosques de Oromë, ao nordés dos pasteiros. [[Nienna]], a solitaria Valië do pesar e da resistencia, habita no estremo oeste da illa, onde pasa os seus días a chorar por todo o mal do mundo, ollando para o mar. Xusto ao sur do lar de Nienna e ao norte dos pasteiros, están as [[Mandos|Estancias de Mandos]], o Vala da vida despois da morte. Nelas vive tamén a súa esposa [[Vairë]] a tecelá, que tece os fíos do tempo. Ao leste das Estancias de Mandos encóntrase a Illa de [[Estë]], situada no medio do lago Lórellin, que á súa vez está ao norte dos Xardíns de Lórien (non debe confundirse con [[Lothlórien]], o lugar da Terra Media). [[Irmo]] (tamén chamado Lórien) e Estë son marido e muller.