Abadín, Abadín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxiños de formato
m Robot: Reemplazo automático de texto (-tracería +trazaría)
Liña 27:
 
==Patrimonio histórico e artístico==
Na aldea de [[A Torre, Abadín, Abadín|A Torre]] atópase a '''[[Igrexa de Santa María de Abadín|Igrexa Parroquial de Santa María de Abadín]].''' Situada nun alto dominando unha extensa zona de labrado, co fondo da paisaxe montañosa. É de estilo [[románico]] da primeira metade do [[século XII]], coa capela maior do [[século XVI]] de estilo [[gótico isabelino]], e sancristía adosada detrás, da época posterior. A nave conforma unha planta rectangular, cos muros de cadeirado de granito e cuberta de lousa a dúas e catro augas. Fachada con [[arco]] de medio punto con grandes [[dovela]]s, pequeno rosetón céntrico con [[traceríatrazaría]]s, e espadana dun só corpo e dous vans. Aparece coroada por dous escudos nos laterais da fachada, nos que se distinguen as estrelas e a media lúa da casa dos Luaces, que estivo vinculada a esta parroquia dende o ano [[1574]]. No interior destaca a capela maior con arco triunfal de medio punto sobre columnas cuxos [[capitel|capiteis]] teñen os escudos dos Luaces, igual que a clave da bóveda nervada; dúas laudas sepulcrais no pavimento pétreo; retablo maior de estilo renacentista popular e retablos laterais de traza popular e máis moderna.
 
Contén, ademais, un fermoso [[cruceiro]] realizado en granito no adro. Cruz florenzada coas figuras de [[Cristo]] no anverso e a Piedade no reverso; capitel con anxos nos lados e volutas nas esquinas, fuste poligonal coa custodia e os atributos da Paixón; con base tronco-piramidal sobre dous chanzos cuadrangulares e sen inscrición.