Aman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Após a destrución de [[Almaren]] en tempos remotos, os Valar fuxiron para Aman, onde estabeleceron o reino de [[Valinor]]. Para illárense, ergueron unha gran barreira de montañas, chamadas [[Pelóri]], na costa leste, e alzaron as [[Illas Encantadas]] fronte a esa mesma beira para evitar que ninguén chegase por mar até Aman.
 
Por razóns que se descoñecen, os Valar deixaron dous territorios fóra das Pelóri: Araman ao nordés e Avathar ao sueste. [[Ungoliant]], un ser moi antigo con forma de grande araña, conseguira pasar desapercibidodesapercibida en Avathar. Cando o Vala Maligno [[Melkor]] foi liberado da súa catividade, fuxiu a Avathar, rubiu as montañas coa axuda de [[Ungoliant]] e causou grande destrución en Aman. Melkor convenceu a Ungoliant para destruír as [[Dúas Árbores de Valinor]] e arrebatarlles tanta enerxía como puidese para saciar a súa fame, pois Ungoliant estaba sempre famenta<ref>O Silmarillion: [[Quenta Silmarillion]], Of the Darkening of Valinor</ref>.
 
O primeiro home mortal que conseguiu navegar até as Illas Encantadas e pasar alén foi [[Eärendil]], quen foi a Valinor para pregar a axuda dos Valar na guerra contra Melkor, agora chamado ''Morgoth''. A súa misión tivo éxito, pois os Valar marcharon de novo á guerra e decidiron tamén eliminar as Illas<ref>O Silmarillion: Quenta Silmarillion, Of the Voyage of Eärendil and the War of Wrath</ref>.
 
Ao pouco disto, os Valar alzaron a grande illa de [[Númenor]] en Belegaer, preto das beiras de Aman, e esta converteuse no lar das Tres Casas dos [[Edain]]. De alí en diante estes recibiron o nome de [[Dúnedain]], ou ''Homes do Oeste'', e foron bendicidos con moitos dons por parte dos Valar e dos Elfos de Tol Eressëa. Os Valar temían, con razón, que os númenorianos tentasen un día entrar en Aman para acadar a inmortalidade, e xa que logo prohibíronlles navegar cara ao oeste alén dedo ondepunto alcanzabamáis aafastado vistavísibel desde o promontorio máis occidental de Númenor. Co tempo, e en parte por obra da corrupción inducida por [[Sauron]], os númenorianos desobedeceron a Prohibición dos Valar e navegaron cara a Aman cun grande exército comandado por [[Ar-Pharazôn]] o Dourado. Isto suporía a [[Akallabêth|Caída de Númenor]]<ref>O Silmarillion: Akallabêth</ref>.
 
En vista deste novo acontecemento, [[Eru Ilúvatar|Eru]] (Deus no universo de Tolkien) extraeu Aman das esferas de Arda, que por aquel entón era plana. O mundo quedou así dividido en dous, e a metade que contiña a Terra Media pasou a ser redonda, de xeito que un mariñeiro que navegase cara ao oeste seguindo a ruta de Eärendil acabaría voltando ao seu punto de partida desde o leste<ref>O Silmarillion: Akallabêth</ref>. No entanto para os Elfos creouse un [[Camiño Recto]] que non segueseguía a curvatura da Terra e que chegachegaba até Aman. Á parte dos Elfos, moi poucos atravesaron este camiño, a saber, os [[hobbit]]s [[Frodo Bulseiro]], [[Bilbo Bulseiro]], [[Samsagaz Gamllí]] e seica [[Gimli]] o [[Anano (Terra Media)|Anano]].
 
== Referencias ==