Aman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Aman''' é un lugar ficticio do [[legendarium]] de [[J. R. R. Tolkien]] tamén coñecido como as ''Terras imperecedoiras'' e o ''Reino Abeizoado''. Era un continente de [[Arda]] (o mundo do universo de Tolkien) situado ao oeste da [[Terra Media]] e separado dela polo gran mar [[Belegaer]]. Porén, na época en que está ambientado [[O Señor dos Aneis]] atopábase noutra dimensión, fóra de Arda. Aman é onde moran os [[Valar]] e tres das estirpes dos [[Elfo]]s: os [[Vanyar]], parte dos [[Noldor]] e parte dos [[Teleri]]. A illa de [[Tol Eressëa]] atópase fronte á costa leste.
 
Após a destrución de [[Almaren]] en tempos remotos, os Valar fuxiron para Aman, onde estabeleceron o reino de [[Valinor]]. Para illárense, ergueron unha gran barreira de montañas, chamadas [[Pelóri]], na costa leste, e alzaron as [[Illas Encantadas]] fronte a esa mesma beira para evitar que ninguén chegase por mar até Aman.