Aman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Após a destrución de [[Almaren]] en tempos remotos, os Valar fuxiron para Aman, onde estabeleceron o reino de [[Valinor]]. Para illárense, ergueron unha gran barreira de montañas, chamadas [[Pelóri]], na costa leste, e alzaron as [[Illas Encantadas]] fronte a esa mesma beira para evitar que ninguén chegase por mar até Aman.
 
Por razóns que se descoñecen, os Valar deixaron dous territorios fóra das Pelóri: Araman ao nordés e Avathar ao sueste. [[Ungoliant]], un ser moi antigo con forma de grande araña, conseguira pasar desapercibido en Avathar. Cando o Vala Maligno [[Melkor]] foi liberado da súa catividade, fuxiu a Avathar, rubiu as montañas coa axuda de [[Ungoliant]] e causou grande destrución en Aman. Melkor convenceu a Ungoliant para destruír as [[Dúas Árbores de Valinor]] e arrebatarlles tanta enerxía como puidese para saciar a súa fame, pois Ungoliant estaba sempre famenta<ref>O Silmarillion: [[Quenta Silmarillion]], Of the Darkening of Valinor</ref>.
 
O primeiro home mortal que conseguiu navegar até as Illas Encantadas e pasar alén foi [[Eärendil]], quen foi a Valinor para pregar a axuda dos Valar na guerra contra Melkor, agora chamado ''Morgoth''. A súa misión tivo éxito, pois os Valar marcharon de novo á guerra e decidiron tamén eliminar as Illas<ref>O Silmarillion: Quenta Silmarillion, Of the Voyage of Eärendil and the War of Wrath</ref>.