Parada, Xuño, Porto do Son: Diferenzas entre revisións

lugar da parroquia de Xuño, no concello de Porto do Son
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: Parada é a última aldea de Xuño (Porto do Son), está composta por pequenos núcleos do poboación que se solapan. Parada linda polo Norte con Carballido, ao Leste co Gacende, ao Es...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2008 ás 11:36

Parada é a última aldea de Xuño (Porto do Son), está composta por pequenos núcleos do poboación que se solapan. Parada linda polo Norte con Carballido, ao Leste co Gacende, ao Este con Rial, e ao Sur con Caraballosa esta últimas pertencentes a San Pedro de Muro. A descrición que aquí se vai facer vai moito máis aló cao meramente xeográfico, porque Parada é a súa xente.Comezando polo Norte e seguindo o curso da Estada Naional 550 que a travesa, a ambas ribeiras da estrada atópase "Parada Darriba", onde radica a antiga taberna e ultramarinos da "Señora Manuela", hoxe falecida; seguidamente atópase a casa dos de "Fabián" cuia matriarca " Señora Encarnación" tamén se atopa falecida, destacábase pola sua bondade e tamén polas súas espectaculares empanadas do lar e do forno feitas con millo da casa e de varios tipos de peixe, principalmente de xoubas e xurelos. Despois está a casa dos do "Ferreiro" coas novas xeracións da familia emigradas aos EE.UU.; a casa dos do "Moreno" coa matriarca Luisa ao frente; a casa dos de "Marina" cuios propietarios están emigrados, neste caso a Bélxica; a casa dos de "Elena" ou do "Barbas"; a casa dos de "Mariño" onde sobrevive só o fillo dos antigos donos e a de "Juanita de Carlos" instalada no monte e máis próxima a Carballosa, a primeria aldea da parroquia de San Pedro de Muro coa que linda. Ao outro lado da estrada comarcal atópase a casa de Sara pegada ao alboio de Luisa e pegada a éste a casa de "María de Alberte", persoaxe querido e peculirar de Parada e cuia filla, Lola, aportou un membro novo á comunidade de Parada, o pequeno Diego. Separado por unha corredoira atópase rodeada dun peche de pedra feito a man polo avó Francisco a casa dos meus avós, alcumada "os de Rosa de Patiño", e cuia matriarca tamén esta falecida e que se caracterizaba polos berros que botaba "sen reparar en jastos", pola súa boroa e polas empanadas de millo... quen as pillara!!. Segue a casa de "Manola de Fabián" filla da falecida Encarna e a de "María de Carballido". Detrás destas últimas casa atópase "Parada Dabaixo", comezando polo Sur está ubicada a casa dos de Calo, en cuia vivenda se pode observar a arquitectura da zona (pedra de granito revestida de formigón e tella do país), eles tamén están emigrados nos Estados Unidos. Seguidamente atópase o "Rio", esto é, o lavadeiro comunitario de Parada, antano cheo de nais lavando e nenos xogando, roupa tendida no campo a branquexar con limón, olor a xabrón de Lagarto, murmullos das veciñas... e hoxe cheo de silvas porque todas teñen modernas lavadoras. Detrás do lavadeiro está a "casa dos de Rafael" e ao lado a dos "de Carmela", pegada a un pequeno estanque do río que pasa por alí e denominada "O estanqueiro". Seguindo o percorrido por Parada Dabaixo está a casa da miña nai a de "Cipriana" antano nora dos meus avós "os de Patiño" e polo cal a xente a segue chamando a de "Cipriana de Farruco (meu pai) de Patiño", nós tampouco vivimos xa en Parada, agora estamos en Santiago e miñá irmá en Vigo. Pegada á nosa casa está a de "MariLuz", filla da falecida Señora Manuela da Taberna. Parada non é demasiado bonito xeográficamente porque non o precisa... o mellor de Parada é a súa xente. Os paradenses están unidos por uns lazos máis estreitos ca os da boa veciñanza e a solidariedade. Cando un paradens@ morre, unha parte dos demáis veciños morre con él/ela.