Primavera de Praga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Artigo traducido de es:Primavera de Praga
 
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Durante a [[Guerra Fría]], a '''Primavera de Praga''' (en [[idioma checo|checo]]: ''Pražské jaro''; en [[idioma eslovaco|eslovaco]]: ''Pražská jar'') foi un período de intento de liberalización política en [[Checoslovaquia]] que durou dende o [[5 de xaneiro]] de 1968 ata o [[20 de agosto]] dese mesmo ano, cando o país foi invadido pola [[URSS]], e os seus aliados no [[Pacto de Varsovia]] (fóra de [[Romanía]]) nunha acción que pretendía evitar o ingreso dun potencial sistema capitalista dentro de Checoslovaquia.
 
Os checos e os eslovacos mostraban crecentes signos de independencia baixo o liderado de [[Alexander Dubček]]. As reformas de Dubček en materia dos procesos políticos dentro de Checoslovaquia, ás que el se refería como "[[Socialismo con rostro humano]]", non representaba unha completa destrución do vello réxime, como no caso de [[Hungría]] en [[1956]]. De todos os xeitos, isto foi visto polos líderes soviéticos como unha ameaza á súa hexemonía sobre os outros estados de [[Europa Oriental|Europa do Leste]].