A Mezquita, A Merca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 12:
 
Desde a igrexa pódese contemplar o '''Castro de San Marcos''', ubicado nun lugar habitual na Cultura Castrexa.
 
Ten a Mezquita, ademáis dun escudo de certo interese situado nunha vivenda que noutrora fora castelo e unha fonte situada no centro da vila, un Monumento Nacional de destacada importancia.
 
Trátase dunha igrexa románica con elementos de transición ó gótico do ano 1.202 (segundo consta na inscrición da porta Oeste, aínda que se sabe que existía no ano 986 por un documento que a cita.)
 
De unha soa nave de planta lonxitudinal e ábside semicircular, con contrafortes que destacan en toda a construcción. O ábside, de grandes dimensións centrado por unha cruz latina, está cuberto con bóveda de nervaduras e cuarto de esfera sobre nervios radiais e as súas ventanas son de arcos semicirculares.
 
Na fachada principal represéntanse entre outros temas, animais simbólicos, antropomorfos e a San Pedro e a Virxe; ademais dunha ventá con bóveda de medio punto e un rosetón. Para rematar na parte superior do teito nun "Agnus Dei" cunha cruz antefixa (feito insólito en Galicia).
 
==Persoeiros ilustres==