Falange Española de las JONS (1934): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Acerto (conversa | contribucións)
Nova páxina: thumb|Bandeira da FE de las JONS '''Falange Española de las JONS''' ('''FE de las JONS''') foi un partido político español fundado o 15 de febreiro...
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Image:Bandera FE JONS.svg|thumb|Bandeira da FE de las JONS]]
'''Falange Española de las JONS''' ('''FE de las JONS''') foi un partido político español fundado o [[15 de febreiro]] de [[1934]] resultado da unificación de [[Falange Española]], máis próximos aos [[fascismo|fascistas]] italianos, cos nacional sindicalistas das [[JONS]], máis próximos aos [[nazismo|nazis]]. Durante as negociacións [[José Antonio Primo de Rivera]], o líder de FE aceptou boa parte da simboloxía das JONS, dirixidas por Ramiro Ledesma Ramos, pero o poder da nova organización quedou en mans dos falanxistas por medio dun triunvirato no que participaban dous falanxistas e un xonsista, as relacións entre xonsistas e falanxistas non foron fáciles e xa en setembro Primo de Rivera desmontou o triunvirato e asumiu a dirección do partido e en outubro o partido adoptou a camisola azul ao que se opuñan os xonsistas por considerala unha medida fascista que os arredaba das bases traballadoras e revolucionarias, durante a revolución de outubro Primo de Rivera apoiou ao goberno mentres os de Ledesma Ramos eran máis reticentes a darlle o seu apoio buscando unha alianza coa [[CNT]], a loita entre as dúas faccións fíxose máis dura con motivo da elaboración do programa do partido, no que finalmente se impuxeron as teses de Primo de Rivera e motivou que o [[14 de xaneiro]] de [[1935]] Ledesma Ramos e outros dirixentes da antiga JONS marchasen da FE de las JONS pero poucos militantes máis marcharon con eles e non conseguiron refundar a antiga JONS.
 
Nas eleccións de 1936 FE de las JONS presentouse en solitario, Primo de Rivera tivo o 4.6% dos votos e quedou sen escano, pero o triunfo do [[Frente Popular]] produciu unha radicalización da dereita e as xuventudes de Acción Popular pasáronse en bloque á Falanxe e na [[Guerra Civil española]] apoiou ao bando fraquista, Primo de Rivera foi detido sendo fusilado o [[20 de novembro]] de [[1936]].