Transepto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
 
Lansbricae (conversa | contribucións)
{{Elementos da arquitectura eclesiástica}}
Liña 2:
O termo '''transepto''' utilízase comunmente na terminoloxía arquitectónica relixiosa para designar a nave transversal que nas igrexas cruza á principal ortogonalmente.
 
O transepto sitúase habitualmente entre o [[presbiterio (arquitectura relixiosa)|presbiterio]] (ou o coro, cando este existe) e a [[nave (arquitectura)|nave]] ou naves lonxitudinais como elemento de separación de ámbolos espazos.
 
A súa etimoloxía así o expresa, pois provén das voces latinas ''trans'' e ''septum'' = sebe ou barreira, querendo indicar que se trata dun obstáculo interposto entre os tramos da nave ocupados polos simples fieis e o presbiterio destinado aos clérigos.
Liña 11:
 
Na arquitectura [[Arte románica|románica]] a disposición habitual correspondía á tipoloxía de cruz latina, sendo o transepto de maior lonxitude que a anchura da nave, de forma que os brazos daquel sobresaían lateralmente e manifestábanse ao exterior. Posteriormente tendeuse a igualar a lonxitude do transepto e a anchura global das naves, de maneira que deixou de apreciarse exteriormente a súa existencia, aínda que no interior fose patente.
{{Elementos da arquitectura eclesiástica}}
 
[[Categoría:Elementos arquitectónicos]]